Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Licenza de apertura de garaxe

En que consiste?:

É a solicitude da licenza de apertura dun garaxe.

Trátase de actos administrativos de natureza regrada que habilitan a quen os solicita e obtén para a implantación da actividade que se proxecte.

No caso de que a tal fín necesítese a execución de obras no inmoble, a licenza de obras solicitarase ao mesmo tempo que a de actividade e resolveranse nun único acto administrativo. Achegarase o proxecto correspondente, se fose o caso, e sempre se achegará un cadro de superficies, con indicación de usos. Na tramitación terá prioridade a licenza de actividade de tal modo que se non procedese a súa autorización non se entrará a resolver a de obras e así se lle comunicará ao solicitante. Xa que esta última non ten outra función que a da implantación da actividade que non sería autorizable.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Se se tramita como licencia de apertura molesta é necesario achegar Proxecto Técnico por duplicado.
  • Se ten a licenza de ocupación concedida e o número de prazas de garaxe cumpre co estándar (no que se informou favorablemente o garaxe), necesita só licencia de funcionamento.
  • Se os solicitantes constitúen unha Sociedade civil ou comunidade de bens, farase constar o nome de todos os socios ou comuneiros. Se a solicitante é unha persoa xurídica achegarase o documento acreditativo da persoa que a representa.

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión