Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

18 ª EDICIÓN: DURME NO FORUM “ALICIA NO FÓRUM DAS MARABILLAS”

Do sábado 25 de novembro o domingo 26 de novembro do 2023 no Forum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 25/11/2023 ata o 26/11/2023

Xa rematou

Horario:

Horario da actividade:

Recepción das/dos participantes: ás 19.00 h do sábado 25 de novembro, no Auditorio do Forum Metropolitano.

Recollida: o domingo 26 de novembro, ás 13.00 h, na entrada principal do Forum Metropolitano (organizados por colexios).

Prezo:

Cota: 25 € por participante.

Inclúe: a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.

Inscrición: A partir do mércores 8 de novembro, ás 9.00 h. Cubrindo este formulario.

Os/as irmás terán que cubrir un formulario por cada nena/o. No caso de ser a última praza adxudicada a un/unha deles/as, entrarán xuntos, sempre e cando a marca temporal entre as solicitudes sexa inferior a dez minutos.

A partir venres 10 de novembro, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición.

Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.

Pago de cota:

Con data tope o martes 14 de novembro (incluído) terán que facer o ingreso da cota, por transferencia á conta núm.ES39 0182 5778 0902 0158 4988 (BBVA). E enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título "Durme no Forum".

Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.

As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrira un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.

Requisitos:

Requisitos para participar na actividade:

· Nenas e nenos de entre 6 e 11 anos, nados entre o 2012 e o 2017, que estean a cursar E. Primaria.

· Pagar a cota de inscrición no prazo establecido.

· Os/as participantes teñen que ter autonomía persoal, xa que esta actividade non conta con persoal de apoio para necesidades especiais.

Os/as participantes inscritos deberán asistir con:

· Roupa e calzado moi cómodos, preferiblemente roupa deportiva.

· Unha botella de auga para encher.

· Artigos de aseo persoal.

· Un saco de durmir.

· Opcionalmente, unha esterilla (se non é posible, o Forum dispón de esteiras e un tatami).

Se queres pasalo ben...

... atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible...

Moitas son as sorpresas que nos deparará Alicia no Fórum das marabillas,

e ademáis todas elas, nunca xamais serán contadas.

Personaxes, lugares insólitos, aventuras, intrigas,... estarán no Forum para facer desa noite unha velada divertida e única...

Pero ollo!, as cousas non son o que asemellan...

Se tes o espírito aventureir@ e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece.

Explora os recunchos do Forum para atopar, descubrir e vivir as innumerables aventuras que Alicia e os seus personaxes nos van ofrecer, dunha forma totalmente distinta e disparatada.

Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas.

Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.

Tamén che pode interesar...

  • Estrea da exposición «Fotografías da natureza 2023»

    Cando:

    Dende o 17/07/2023 ata o 30/11/2023

  • PAISATGES de Estudi1

    Cando:

    10/12/2023

    Inicio de vendas 16 de outubro ás 11:00 h 

  • PAISATGES de Estudi1

    Cando:

    10/12/2023

    Inicio de vendas 16 de outubro ás 11:00 h 

  • Bebescena Outono 2023

    Cando:

    Os días 29/10/2023 á 01:00 , 12/11/2023, 10/12/2023

    Inicio de vendas 16 de outubro ás 11:00 h 

  • “Zapatos”, de Caramuxo Teatro (aprazada de novembro)

    Cando:

    12/12/2023

    Inscricións:

    Dende o 03/11/2023 ata o 07/11/2023

    Esta actividade tivo que ser aprazada en novembro por enfermidade da actriz. As inscricións daquel día serven igualmente para esta nova data. Se alguén confirma que o martes 12 de decembro non pode asistir, abriranse esas prazas a unha nova inscrición.

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas ata os 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade. Non se poderá entrar á actividade no auditorio unha vez que empece a función. 

  • Merendas con contos: Riciños de Ouro

    Cando:

    12/12/2023

    Inscricións:

    Dende o 05/12/2023 ata o 12/12/2023

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión