Actividades Celebración do 56 Aniversario da Inauguración do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
Infancia
05/10/2024
Xa rematou
Apertura de prazo de inscrición: mércores 25 de setembro ás 10.00 h.
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Todas as actividades son gratuítas con previa inscrición nas ligazóns indicadas en cada unha delas.
Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, A Coruña
981 189 850
museo.arqueoloxico@coruna.gal
XORNADA DE PORTAS ABERTAS:
SÁBADO 5 OUTUBRO DE 10.00 A 00.00 h
Todas as actividades son gratuítas con previa inscrición nas ligazóns indicadas en cada unha delas.
Cada nena ou neno só poderá asistir a un taller infantil.
Apertura de prazo de inscrición: mércores 25 de setembro ás 10.00 h.
1. VISITAS GUIADAS: Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.
Horas: 12.00 / 18.00 / 22.00 h
Duración aproximada: 1 h 15 min
Público: adulto
Prazas: 25
Inscrición no teléfono 981 189 850
2. OBRADOIROS INFANTÍS:
2.1. Da escavación ao museo
As pezas que están expostas nos museos fan un longo percorrido para lucir así de ben. Unha vez atopadas na escavacións arqueolóxicas pasan ás mans das restauradoras que se encargan con moito agarimo de limpalas, reconstruílas e xa por último, reintegrarlas tanto en forma coma en cor. Queres meterte na pel dun/dunha restauradora do museo? Despois de completar as fases do traballo conseguirás levar un prato reintegrado para a túa casa.
Hora: 11.45 h
Duración aproximada: 1 h 30 min
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
Inscrición na seguinte ligazón:
https://ticketing.coruna.gal/arq/1453736979697-2/
2.2. Piratas á vista!
Desde cando existen os piratas? Cal é a diferenza cos corsarios? Que obxectos roubaban en alta mar? A través da figura dos piratas achegarémonos ao comercio marítimo para descubrir as pezas do museo que viaxaron por mar. Coñeceremos ao pirata Drake, vinculado á historia da cidade, e experimentaremos cos inventos que melloraron a navegación para finalizar facendo noso propio parche pirata.
Hora: 17.00 h
Duración aproximada: 1 h 30 min
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
Inscrición na seguinte ligazón:
https://ticketing.coruna.gal/arq/1453736979697-3/
3. OBRADOIROS PARA ADULTOS:
Iluminando Brigantium
Faremos un percorrido pola Prehistoria para coñecer as primeiras técnicas de produción do lume, os materiais empregados para iso e entenderemos o grande avance que supuxo o seu descubrimento. Falaremos da fabricación dos diferentes recipientes para transportar a luz e finalizaremos na antiga Roma coñecendo as diferentes formas e decoracións das lucernas. Por último, experimentaremos a fabricación de nosa propia lucerna a través de moldes.
Hora: 19.30 h
Duración aproximada: 2 h
Público: adulto
Prazas: 15
Inscrición na seguinte ligazón:
23/10/2024
Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024
Require inscrición
Dende o 05/10/2024 ás 11:00 ata o 26/10/2024 ás 13:00 , os sábados
Realizarase os sábados 5, 19 e 26 de outubro.
Dende o 28/09/2024 ata o 05/10/2024
Require inscrición.
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible