Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción
  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

A Coruña das Mulleres

A Coruña das Mulleres é un proxecto da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que quere construir de modo colectivo un fondo documental, gráfico e audivisual sobre a memoria feminina da cidade da Coruña. Dende as bibliotecas queremos contribuir a confeccionar ese fondo.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Tipo de actividade:

Outras actividades

Cando:

Dende o 05/03/2020 ata o 09/05/2020

Este evento xa rematou

Horario:

9 a 21 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

proxecto@acorunhadasmulleres.gal

Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda levan moito tempo denunciando a exclusión das mulleres do relato histórico e da memoria oficial.  É necesario construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a memoria feminina da cidade da Coruña.

O PROXECTO

Co proxecto "A Coruña das Mulleres" pretendese construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual sobre a memoria feminina da cidade da Coruña. Para que este proxecto teña posibilidades de éxito precisa voces moi diferentes, ensinantes e bibliotecarias, alumnado e coidadoras, operarias e escritoras... e, sobre todo, veciñas da Coruña que saiban historias e queiran tecer entre todas redes de colaboración para XUNTAS facer este traballo

Se sabes historias sobre traballos das mulleres, tes fotografías, ou algo que creas que debe ser contado, podes colaborar co proxecto deixando os teus datos en proxecto@acorunhadasmulleres.gal ou na urna que temos dispoñible na Biblioteca Sagrada Familia, Os Rosales, Forum, Castrillón e Monte Alto.

A EXPOSICIÓN

De marzo a maio, a exposición que dá difusión ao proxecto, así como tamén unha pequena selección de materiais relacionados con referentes femininos na cidade da Coruña, estarán expostos na Biblioteca Sagrada Familia, Os Rosales, Forum, Castrillón e Monte Alto.

Atoparedes a historia da inventora do libro electrónico, da primeira enfermeira que no mundo existiu, da primeira muller que dirixe un xornal no estado español... mais sobre todos atoparedes historias colectivas, das mestras represariadas,  das cigarreiras e as súas folgas xa a mediados do século XIX, ou das lavandeiras...

Tamén pode interesarche...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión