Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A lúa vai encuberta

IMPORTANTE! Para poder acceder é necesario presentar Certificado Covid (ou PCr ou test de antíxenos negativos) tal e como dispón a normativa vixente ante a situación epidemiolóxica da pandemia da COVID-19 e que é a seguinte (DOG Núm 241 do 17 de decembro do 2021)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/01/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Obra gañadora do II Certame Manuel María de proxectos teatrais

O autor deixou unha nota no prólogo: "Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios o grupo desfíxose". Iso foi escrito por Manuel María, pero os membros do grupo cos que falamos non lembran ensaiar a obra nin que o grupo se disolvese durante os ensaios. Afirman non lembrar que a peza foi escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaios nos anos 70 activou en nós un recordo que nunca puidemos consolidar. Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e o consecuente descoñecemento da identidade nacional galega.

A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e a loita incesante por dar forma á nosa propia identidade, enfrontándonos ao noso pasado recente e as súas contradicións, revelando un discurso que hoxe en día está a ser, se non oculto, silenciado e que explica, dalgunha maneira, as razóns polas que o noso país hoxe ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante poñen en escena o texto de Manuel María como fonte imprescindible para, a través del, comprender as distintas formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, por tanto, como persoas que o habitan.

De Manuel María

Dirección: Tito Asorey

Dramaturxia: Vanesa Sotelo

Elenco: Davide González, Melania Cruz, Tito Asorey e Vanesa Sotelo

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Iluminación e proxeccións: Laura Iturralde

Espazo sonoro e música orixinal: Davide González

​Venda de entradas

Despacho de billetes da praza de Ourense: luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión