Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A vivenda: un ben social?

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: A vivenda: un ben social?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/10/2020

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Un proxecto do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia codirixido por Sagrario Fernández e Xosé Bocixa.

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Presentación a cargo de Sagrario Fernandez e Xosé Bocixa e unha persoa representante do COTSG.

A vivenda converteuse nos últimos anos no principal factor de exclusión social en Galicia. Así o destacou o pasado ano Cáritas no Informe FOESSA sobre xxclusión e desenvolvemento social en Galicia. Ese documento salientaba que en Galicia a vivenda "pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social no ámbito das persoas e fogares con maior dificultade", e desprazou as dificultades relacionadas co emprego. Así, o 64,9% das persoas en exclusión están afectadas por esta dimensión. En total, o 5,5% da poboación galega está nunha situación de vivenda inadecuada (149.000 persoas) e o 7,6% nunha situación de vivenda insegura (205.000 persoas).

No Fórum Metropolitano o día 5 de outubro ás 19.30 h.

É obrigatorio usar máscara.

Cómpre sacar a entrada na ligazón: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión