Debido ás novas restricións decretadas pola Xunta o documental "Advocate", de Rachel Lea Jones e Philippe Bellaiche, cambia de data e programarase o día 23 de febreiro.
Para público en xeral
23/02/2021
Xa rematou
Cambio de hora o fecha
20.00 h
Agradécese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá o acceso.
108 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
2,50 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Xudía e avogada, Lea Tsemel é un terremoto da avogacía en Israel. Especializada na defensa de prisioneiros políticos palestinos.
Traidora, avogada do diaño... Á letrada xudía Lea Tsemel chamáronlle de todas as formas posibles.
Está especializada na defensa de prisioneiros políticos palestinos e non ten pelos na lingua cos seus compañeiros de profesión. Acepta os retos máis difíciles, como o de representar a acusados palestinos que cometeron, presuntamente, delitos de terrorismo ou crimes contra cidadáns israelís, baixo a convicción de que a represión que sofre Palestina xustifica a súa loita pola liberación da súa terra.
Un seguimento exhaustivo durante a preparación das defensas de dous casos concretos, -o de Ahmad, un neno de 13 anos acusado de participar nun apuñalamento dun mozo israelí e o de Israa Jaabis, acusada polos oficiais israelís dun intento frustrado de atentado suicida-, achéganos á inclasificable e excepcional personalidade da protagonista. Defensora dos dereitos humanos e cunha enerxía inesgotable, leva máis de cinco décadas denunciando o estado de ocupación e represión que sofre a cidadanía palestina e, á vez, tentando facerlle entender á opinión pública que o Goberno de Israel é responsable desta violencia.
A historia dun terremoto no gremio da avogacía en Israel, desde onde Lea Tsemel nos envía un rogo e unha mensaxe poderosa: "Deberedes tentar comprenderme porque son o futuro".
2019
Israel, Canadá e Suíza
Hebreo, árabe e inglés
Subtítulos: catalán, español e inglés
VENDA DE LOCALIDADES
Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
Venda telefónica: 662 867 109
Venda no despacho de billetes do Centro Ágora: desde unha hora antes sempre que queden localidades dispoñibles.
Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h e de 18.00 h e os venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos)
Os días 18/04/2024, 19/04/2024, 20/04/2024
Os días 18/04/2024, 19/04/2024, 20/04/2024
Os días 18/03/2024 ás 19:00 , 08/04/2024 ás 19:00 , 22/04/2024 ás 19:00
Os días 25/04/2024, 26/04/2024, 27/04/2024
Os días 25/04/2024, 26/04/2024, 27/04/2024
02/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible