A Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha nova actividade dentro do programa Ando na Coruña dedicada á igrexa de San Francisco e ás ruínas do antigo convento de San Francisco, dous dos conxuntos patrimoniais destacados da cidade, da man da arqueóloga Matilde González Méndez.
Persoas adultas
Dende o 04/11/2026 ata o 25/11/2026
Programa:
1ª sesión: contextualización e entrega do dossier elaborado pola biblioteca (4 de novembro ás 18.00 h)
2ª sesión: visita guiada á igrexa de San Francisco (18 de novembro)
3ª sesión: visita guiada ás ruínas do convento de San Francisco (25 de novembro)
O horario das visitas concretarase na primeira sesión, en función das condicións meteorolóxicas.
Dende o 28/10/2026 ata o 04/11/2026
REQUISITOS
Inscrición previa
As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Tel. 981 18 43 86
Matilde González Méndez é arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia. Especialista en patrimonio cultural, participou en diferentes proxectos de investigación, protección e difusión do patrimonio arqueolóxico galego. Entre eles destaca a coordinación técnica do Plan Director do Castro de Elviña. Conta cunha ampla experiencia en divulgación do patrimonio cultural.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible