Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Avec amour et acharnement" (Lume), de Claire Denis

Claire Denis adapta unha novela da escritora francesa Christine Angot, guionista do seu anterior 'Un sol interior' (2017) e autora coa que comparte a súa visión das relacións afectivas como algo terriblemente complexo, ás veces violento, e a expresión das emocións e dos conflitos a través do corpo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 20/09/2024, 21/09/2024

Xa rematou

Horario:

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

116 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os carriños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Páxina web:

https://www.caramelfilms.es/catalogo/fuego/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Cando se coñeceron, Sara vivía con François, o mellor amigo de Jean. Agora, Jean e Sara quérense e viven xuntos dende hai 10 anos. Un día, Sara ve a François pola rúa. El non se dá conta, pero a ela invádea a sensación de que a súa vida podería cambiar repentinamente. Ao mesmo tempo, François retoma o contacto con Jean por primeira vez en anos e proponlle volver traballar xuntos.

Con Juliette Binoche e Vincent Lindon

Francia 2022

116 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos

Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/jTBrS1L7L68

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (agás festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión