Espectáculo que conxuga a música, a danza e os monicreques.
Familiar con bebés, a partir de 6 meses
Familias
20/11/2022
40 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Capacidade reducida.
IMCE
agora@coruna.gal
Baby-Lonia móstranos un día calquera nun lugar de xogo onde ocorrerán situacións máxicas, divertidas; achegándonos, con amor, ao mundo da natureza, dos animais, dos soños, do circo e do espazo. Desde o amencer ata o anoitecer ocorrerán cousas sorprendentes en Baby-Lonia. O seu personaxe principal, Coello, coñecerá a Paxaro, a Sol, a Lúa e xogará coas Estrelas.
Baby-Lonia conxuga a música, a danza e as monicreques. As texturas, as cores e as formas levarán aos cativos a unha ilusión compartida cos maiores.
Intérpretes: Susana Fernández e Monti Cruz.
VENDA DE BILLETES
Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
25/09/2022
09/10/2022
Os días 13/10/2022, 14/10/2022, 15/10/2022, 16/10/2022
06/11/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible