Obradoiro de arranxo e reutilización téxtil impartido por Amigas da Terra no espazo colaborativo «A Eira», da Biblioteca Municipal Sagrada Familia, dentro da programación anual do grupo Biblioteca Verde para fomentar o consumo responsable.
+14 anos
Persoas adultas, Xuvenil
20/11/2026
Dende o 13/11/2026 ata o 19/11/2026
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Baixo. 15007 A Coruña
981 184 392
Dentro do programa anual do grupo Biblioteca Verde e das actividades do espazo colaborativo A Eira, a Biblioteca Municipal Sagrada Familia organiza este obradoiro práctico centrado no arranxo e na transformación da roupa que temos na casa.
A actividade, impartida pola asociación ecoloxista Amigas da Terra, baséase na filosofía das 3R (reducir, reciclar e reutilizar) para frear o desperdicio téxtil e apostar pola sostibilidade:
Técnicas básicas para amañar e manter a nosa roupa en bo estado.
Ideas e recursos para darlles unha segunda vida ás prendas en desuso.
Consellos prácticos para reducir o consumo e minimizar a xeración de residuos no día a día.
Unha proposta práctica para aprender a coidar as nosas prendas e promover hábitos de consumo máis conscientes desde a biblioteca.
Tamén che pode interesar

18/11/2026
Dende o 11/11/2026 ata o 17/11/2026
Require inscrición

Dende o 16/11/2026 ata o 20/11/2026
Dende o 09/11/2026 ata o 14/11/2026
Inscrición presencial na biblioteca

20/11/2026
Dende o 13/11/2026 ata o 19/11/2026
Require inscrición de todas as persoas participantes (crianzas e persoas adultas)

20/11/2026

21/11/2026
Dende o 14/11/2026 ata o 20/11/2026
Require inscrición

25/11/2026
Dende o 18/11/2026 ata o 24/11/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible