Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"C'e ancora domani" (Sempre nos quedará mañá), de Paola Cortellesi

2023: 6 premios David di Donatello

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 28/11/2024, 29/11/2024, 30/11/2024

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, con prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección..
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Paolla Cortellesi e Valerio Mastandrea

Italia 2023

120 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos e distintivo "Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero"

Roma, ano 1946. Delia ten tres fillos e está casada co malhumorado Ivano, que non a trata demasiado ben. Tras a guerra, ambos loitan por sacar a súa familia adiante con varios traballos mal pagados. Pero un día, unha marabillosa noticia alborótaos: Marcella, a filla maior, acaba de comprometerse con Giulio, un mozo moi simpático de boa familia. Delia está moi ilusionada con este novo comezo que traerá un futuro mellor para todos. Con todo, recibe unha misteriosa carta que promete cambiar os plans de toda a familia para sempre...

Enlace ao tráiler: https://youtu.be/EnTigzOYSgk

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión