Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Campamentos Urbanos de Nadal 2022 Fórum é Ágora

Durante este campamento de Nadal faremos que a maxia se apodere do Foóum e do Ágora

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos nadas/os entre 2011 e 2018, agrupados/as por idades. Número de prazas en cada centro: 165, distribuídas en 9 grupos por idades. Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias. No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 01/12/2022 ata o 11/12/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/12/2022 ata o 11/12/2022

Abrirase o día 1 de decembro e rematará o 11 de decembro.

Horario:

Ordinario: de 10.00 a 14.00 h

Coa posibilidade de ampliación horaria, para a conciliación familiar:

  • Opción A: de 10.00 a 14.30 h
  • Opción B: de 9.00 a 14.00 h
  • Opción C: de 9.00 a 14.30 h
  • Opción D: de 8.30 a 14.00 h
  • Opción E: de 8.30 a 14.30 h.

As modalidades de ampliación horaria só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

Haberá unha pausa de 11.45 a 12.00 h, para a merenda, que cada participante traerá da súa casa.

Prezo:

Campamento, con horario ordinario: 35,00 €

Para as opcións con ampliación horaria:

  • Opción A: 38,00 €
  • Opción B: 40,00 €
  • Opción C: 42,50 €
  • Opción D: 42,50 €
  • Opción E: 45,00 €

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante.

Organiza:

IMCE

Documentos:

Folleto-Nadal-2022.pdf (511 KB)

Os nenos e nenas son quen de ver a maxia porque a buscan. Soñar coa maxia é o primeiro paso necesario para cambiar a realidade, e só a través da ilusión e as ganas de escudriñar no imposible descubriremos eses trucos que nos farán asombrar a todas e todos. A partir deste elemento integrador que é a maxia, xogaremos con varios aspectos relacionados coa diversidade, a tolerancia e a igualdade. Desta maneira, descubriremos que o maior truco que existe é aquel que nos fai desfrutar a todas e todos por igual.

INSCRICIÓN

Abrirase o día 1 de decembro, a través deste formulario, que tamén se pode atopar na nosa páxina web.

Inscrición directa ata cubrir as prazas. Todo o proceso será telemático.

- Unha vez enviado o formulario, no momento recibirá un primeiro correo electrónico co acuse de recibo da información indicada no dito formulario. E, nun prazo máximo de 24 horas, un segundo correo de Serviplus coa confirmación da praza (se fai a inscrición na fin de semana, será ao longo do seguinte luns).

Revise a carpeta de "spam" eses días, por se acaso.- Cando reciba esa confirmación da praza, ten que realizar o ingreso do importe correspondente á modalidade horaria elixida, no seguinte número de conta: ES76 2080 0036 6230 4002 1977.

- Unha vez aboado, terá que enviarnos desde a súa conta un correo electrónico a forumagora@serviplus.org co xustificante da transferencia ou unha captura de pantalla da dita transferencia, onde poidamos cotexar que o pago é correcto (xa que por cuestións relacionadas coa protección de datos, non temos acceso á información bancaria das persoas que fan o ingreso, e os acuses de recibo das aplicacións dos diferentes bancos non sempre facilitan os datos que requirimos, xa que nalgúns só se envía o nome da persoa titular da conta, sen indicar o concepto da transferencia).

O prazo remata o 11 de decembro

A partir do luns 12 de decembro poderán inscribirse novos/as participantes ata completar as prazas ofertadas, se quedan vacantes. Non se farán devolucións, agás que a capacidade se complete e se cubra a praza con outro/a solicitante dos/as que conformen a listaxe de agarda.

Tamén che pode interesar...

  • Club de lectura xuvenil "La Tribu"

    Cando:

    09/02/2023

    Os xoves, con periodicidade quincenal.

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2022 ata o 09/02/2023

    Require inscrición.

  • As cores do entroido

    Cando:

    18/02/2023

    Inscricións:

    Dende o 07/02/2023

    Apertura de prazo de inscrición: martes 7 de febreiro ás 10:00 h.

  • Curso «Europeana na túa aula»

    Cando:

    02/03/2023

    Inscricións:

    Inscricións ata o 24 de febreiro aquí

  • Club de lectura xuvenil ElClú

    Cando:

    Dende o 04/10/2022 ás 18:30 ata o 23/05/2023 ás 18:30 , os martes

    Encontros quincenais.

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2022 ata o 29/11/2022

    Require inscrición

  • Club de lectura DL

    Cando:

    Dende o 05/10/2022 ás 11:00 ata o 24/05/2023 ás 11:00 , os mércores

    Encontros quincenais.

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2022 ata o 05/10/2022

    Require inscrición

  • 3.ª avaliación (EMM)

    Cando:

    Dende o 05/06/2023 ata o 09/06/2023

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión