Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Carlos Núñez en concerto

Carlos Núñez réndelle homenaxe a Ludwig van Beethoven tras o 250 aniversario do seu nacemento, interpretando obras compostas polo propio Beethoven, baseándose en melodías ancestrais irlandesas, escocesas e galesas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/12/2021

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Trátase de case 200 cancións, non compuxo tantas obras de ningún outro xénero. Son practicamente descoñecidas, a pesar de que lles dedicou moito esforzo, tempo e entusiasmo nos seus 15 últimos anos de vida. Escribiunas en paralelo á sétima sinfonía, coa que comparten moitos elementos, ata o punto de ser chamada a "Sinfonía Irlandesa", ou a "Apoteose da danza", como dicía Wagner, que chegou a danzar unha das súas jigas, mentres Liszt, o seu sogro e mentor, a tocaba ao piano.

Carlos Núñez recupera na súa interpretación os tempi, ornamentación e espírito da música tradicional, nun concerto situado entre o poderío ben coñecido de Beethoven e a sorprendente mestizaxe cultural xa imaxinada polo mestre hai dous séculos.

Carlos acaba de estrealo en Francia en versión orquestral, xunto á Orchestre National de Bretaña e a estrela da ópera Bryn Terfel, con excelentes críticas de Le Monde e os principais xornais do país galo.

Carlos homenaxeará tamén a The Chieftains e Paddy Moloney, o seu mentor e mestre recentemente falecido, do que se despediu xunto a multitude de artistas en Dublín. Sorprendentemente, Beethoven utilizou para as súas composicións melodías tradicionais irlandesas, que tamén inspiraron os Chieftains, por exemplo composicións do arpista Turlough O'Carolan, que xa na súa época fusionara a música tradicional irlandesas coas correntes do barroco europeo de moda.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

  • Sala Filomatic

    Cando:

    Os días 01/03/2024, 02/03/2024, 08/03/2024, 09/03/2024, 16/03/2024, 22/03/2024, 23/03/2024, 29/03/2024, 30/03/2024

  • Garufa Club

    Cando:

    Os días 01/03/2024 ás 22:00 , 02/03/2024 ás 22:00 , 06/03/2024 ás 21:00 , 08/03/2024 ás 22:00 , 09/03/2024 ás 22:00 , 10/03/2024 ás 20:00 , 13/03/2024 ás 21:30 , 14/03/2024 ás 21:30 , 15/03/2024 ás 22:00 , 16/03/2024 ás 21:30 , 20/03/2024 ás 21:00 , 21/03/2024 ás 22:00 , 22/03/2024 ás 22:00 , 22/03/2024 ás 22:00 , 23/03/2024 ás 22:00 , 27/03/2024 ás 22:00 , 30/03/2024 ás 22:00

  • Sala Mardi Gras. Programación marzo 2024

    Cando:

    Os días 01/03/2024 ás 22:00 , 02/03/2024 ás 21:30 , 07/03/2024 ás 21:00 , 08/03/2024 ás 22:30 , 09/03/2024 ás 22:00 , 14/03/2024 ás 21:00 , 15/03/2024 ás 21:30 , 16/03/2024 ás 22:00 , 21/03/2024 ás 21:00 , 22/03/2024 ás 22:30 , 23/03/2024 ás 22:30 , 27/03/2024 ás 22:30 , 28/03/2024 ás 22:30 , 29/03/2024 ás 22:30 , 30/03/2024 ás 22:00

  • LOS TIGRES DEL NORTE "European Tour 2024"

    Cando:

    05/04/2024

  • Concerto de Tradicional

    Cando:

    05/04/2024

  • Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

    Cando:

    06/04/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión