Esta mostra amosa como a fotografía pode ser ferramenta de comunicación e inclusión.
Para público en xeral
Dende o 07/11/2025 ata o 29/11/2025
Xa rematou
As súas autoras, todas con discapacidade intelectual -unha delas cega de nacemento-, convidan a percorrer imaxes que rompen prexuízos e barreiras. Cada obra é un testemuño persoal, entre a busca de instantes únicos, a exploración sensorial da cor ou o traballo en proxectos colectivos.
Esta exposición forma parte do Festigual 2025, o festival de todas. Un proxecto que celebra a súa novena edición mantendo o compromiso coa creación artística que nace desde as marxes, nos espazos onde a arte se converte nunha forma de participación e de encontro. Un festival coas persoas no centro da cultura.
Do 7 ao 28 de novembro, A Coruña volverá ser escenario dun festival que espalla a súa programación por máis dunha ducia de espazos da cidade.
A proposta deste ano reúne compañías profesionais e proxectos comunitarios apostando por formatos que amplían os límites da escena e achegan a cultura a todos os públicos.

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible