Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Castelao a través de "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete". Conferencia de actualidade de María Pilar García Negro

Castelao a través de "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete". Conferencia de actualidade de María Pilar García Negro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/10/2026

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Duración:

Duración: 60 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

A Federación Galiza Cultura, da que fai parte a Asociación veciñal Agra, organiza arredor da festa de Defuntos e ou Samaín, xornadas de lectura colectiva do relato "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete", escrito por Castelao e publicado publicada na colección Céltiga, en 1922; a vixencia deste orixinalísimo relato motiva que ano tras ano se sumen máis asociacións á convocatoria. De feito, o programa "Agra no Ágora" deste ano convídanos o sábado 31 de outubro a representación músico-teatral que farán as asociacións Solfa e O Galo, dirixidas por Lucho Penabade. A conferencia de María Pilar García Negro contribuirá a contextualizar esta obra.

María Pilar García Negro é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Publicou a sección "O idioma" no semanario A Nosa Terra. interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Castelao, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas do Val, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo, Pilar Pallarés...

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura. Membro tamén do equipo de redacción da "Declaración Universal de Direitos Lingüísticos" (Barcelona, 1996).

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. En 2006 foi xulgada e condenada canda Xosé Manuel Carril e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde pública logo dun pleno, celebrado en 2004 , no Pita ">Palacio de María Pita no que Francisco Vázquez pretendía cooficializar os topónimos galego e castelán para a cidade. Defende activamente o recoñecemento de Castelao como o primeiro presidente de Galiza. En 2015 e en 2025 defendeu na tribuna parlamentaria as proposicións de lei, por iniciativa lexislativa popular, sobre ou dereito ao coñecemento e á contemplación de Castelao polo pobo galego.

Da súa extensa obra ensaística mencionaremos unha que está directamente con esta conferencia: Arredor de Castelao non século XXI, publicado orixinalmente en 2001 e reeditado para conmemorar ou 75º aniversario do falecemento de Castelao, unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX.; nesta obra, fai unha análise profunda e contextualizada do pensamento e legado de Castelao e aborda temas como:

  • A visión política de Castelao sobre a autonomía e soberanía de Galicia.
  • A súa obra artística, con especial foco no seu traballo como debuxante e humorista gráfico.
  • O seu compromiso coa lingua galega e o seu papel na normalización cultural.
  • A vixencia das súas ideas no debate contemporáneo.

SINOPSE DA CONFERENCIA

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete é a obra inaugural do gran Castelao na literatura galega. Este seu debut en libro (1922) é xa froito dunha decidida e decisiva militancia no nacionalismo galego, após o seu ingreso nas Irmandades da Fala e a celebración en Lugo da I Asemblea Nacionalista. Esta obra é reveladora dos dotes artísticos e literarios do autor ao servizo de verdades e evidencias ocultas (por ocultadas) que o ollo de vidro no mundo de alén-cova vai desvendar. Constitúe unha especie de sumario, en miniatura, de toda a súa multiforme obra posterior, estética e política, en simbiose indisociable. 

Esta conferencia, como todas as actividades da "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión