Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Ilusiooóh!n "As viaxes de Bowa"

Bowa, nómade, orfa de raíces e de soños vese guiada por unha obsesión: descubrir que hai tras as mensaxes encerradas en botellas guindadas ao mar. Un novo lugar no que enterrar as súas raíces e botarse a voar. Maxia, equilibrios, acrobacia aérea, humor e poesía serán os compañeiros de Bowa nesta viaxe.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/11/2021

Este evento xa rematou

Horario:

20:00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné novo, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 21,00 euros

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. Se evitarán aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.ou En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

Usar máscara de forma obrigatoria· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada.

• É necesario puntualidade.

RECOMÉNDASE:Limitar ao máximo posible o uso dos aseos. Actuar con responsabilidade.

Horas de agarda e quilómetros de procura para facer chegar ao seu destino centos de mensaxes que navegaron encerradas no cristal brillante dalgunha botella. Unha mensaxe tróuxolle xusto a este lugar, no que espera atoparse con alguén que guindou unha mensaxe ao mar esperando que chegase de volta. Esa persoa non aparecerá, pero algo especial ten este lugar, algo familiar, algo tan estraño para ela como a calor dun fogar. E lerá unha nova mensaxe. Este escrito polo mar, ese vello sabio, testemuña das súas fazañas e consciente das súas ausencias. É o mar o que guiou os seus pasos ata alí, é nese lugar, onde as ás de Bowa atoparán terra para ancorar as súas raíces. O espectáculo transita por diferentes estados emocionais do personaxe, que se apoian nunha linguaxe circense multidisciplinar: Efectos de maxia, que xorden dunha forma accidental, reforzando a peculiaridade dese espazo. Desenvolvemento dunha investigación sobre as botellas: manipulación, equilibrios e desmitificación do obxecto, facéndoo personaxe, escenografía, ou mero elemento de apoio. Acrobacia aérea, de carga técnica, pero desenvolvida de forma orgánica e coherente e, por suposto, humor e poesía como elementos transversais.

Compañía: A Gata Xaponesa

Autora e intérprete: Elena Vives Espello-Saavedra

Dirección: Lucas Escobedo

  • Premio en Panorama Circada 2020
  • Premio Festival Territorio Violeta Premio Festival Cucha de Outono de Úbeda
  • Premio Kandengue Arts
  • Premio Fetén 2021 Mellor Intérprete Circense Premio do Público no Festival Mulleres con Narices 20213
  • Premios do Xurado en Panorama Circada 2020
  • Candidata aos PREMIOS MAX 2021 a Mellor Espectáculo Infantil, Xuvenil ou Familiar

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes Central Praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h / venres de 10.00 h a 15.00 h.
  • Despacho de billetes Centro Ágora: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden localidades dispoñibles).

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión