Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: "Ana (también a nosotros nos llevará el olvido)"

Funcións suxeitas á nova normativa de capacidades decretada pola Xunta que estable un máximo de 30 espectadoras/es por función en recintos pechados, teatros, cinemas, auditorios...

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/11/2020 ata o 21/11/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

De Irma Correa

Ana é unha ama de casa convencional da España dos anos 60 casada con Lope, avogado que vai ser nomeado cun posto no Ministerio. A obra arrinca coa noticia deste ascenso, e as repercusións que ten no matrimonio. Para Ana supón máis traballo e máis exposición social nunha vida que non a enche, que a asfixia. Ela non detecta esta falta de aire ata que coñece a Vivian, fotógrafa francesa de espírito libre que lle fará ver que a súa vida non é, nin de lonxe, o que ela ansía. Ana namórase de Vivian, e este amor supón para ela unha explosión de contradicións, medos e liberación. A través de Vivian e as súas fotografías, Ana comeza a percibir a realidade, a súa realidade, da que quererá, custe o que custe, soltarse. Nas fotografías vense mulleres cosendo, mulleres pasando o ferro, mulleres coidando a nenas/os, pero tamén os primeiros bikinis, parellas bailando o twist, Brigitte Bardot.

ANA (También a nosotros nos llevará el olvido) , fala de todas esas pequenas vitorias das mulleres que nos antecederon, e tamén de todas as portas que, como a Nora, aínda nos quedan por atravesar. Irma Correa

Repartición: Marta Viera, Rubén Darío, María de Vigo e Ruth Sánchez

Dirección: Mario Vega

Coproduce: Unahoramenos e Teatro Pérez Galdós

Duración estimada: 80 minutos

*Venda de entradas a partir do 14 de setembro

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenta: 662 867 109

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

IMPORTANTE: Durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión