De Francisco M. Tallón e Miguel Pérez García
Para público en xeral
Dende o 07/03/2025 ata o 08/03/2025
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Pídese puntualidade.
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
A vida de Carmen Díez de Rivera foi tan excepcional que ten paralelismos coas traxedias gregas como Antígona ou Ariadna. Nada nunhas circunstancias familiares rocambolescas, dentro do máis selecto da aristocracia española, renunciou aos privilexios de clase e chegou a alcanzar un posto que ningunha muller desempeñou neste país: xefa do Gabinete da Presidencia do Goberno.
E fíxoo nun dos períodos máis complexos e intensos da historia de España: a transición. Loitou, a miúdo soa, contra todo e contra todos. Posuidora dunha vontade firme, unha mirada intelixente, tivo sempre o propósito de guiar o seu país cara á democracia. A súa forza e valor neste labor público contrastan coa súa tristeza e a súa incapacidade para atopar a paz interior, rota dende a súa adolescencia por un segredo familiar que a atormentaba.
No escenario, Carmen vai debullando os momentos álxidos da súa intensa e desafiante carreira política mentres lembra os episodios íntimos que marcaron a súa desdita e o seu carácter. Pola súa memoria e polos nosos ollos pasarán algunhas das personaxes máis importantes da nosa historia.
Con Beatriz Argüello, Oriol Tarrasón, Ana Fernández e Víctor Massán
Dirección: Fernando Soto
Produción de Teatro Español e Tablas y Más Tablas
Venda de entradas:
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
27/03/2025
28/03/2025
30/03/2025
Dende o 28/03/2025 ata o 30/03/2025
01/04/2025
Dende o 28/03/2025 ata o 01/04/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 1 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
04/04/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible