Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: "La Regenta"

De Leopoldo Alas Clarín con adaptación de Eduardo Galán

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/01/2025 ata o 18/01/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala.

Pídese puntualidade.

Duración:

110 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Unha das obras máis importantes da literatura do noso país, por primeira vez adaptada a teatro nunha versión fiel ao texto de Clarín.

Unha historia sobre o enfrontamento entre a paixón desbordada dos desexos e do amor fronte ás cadeas da moral social provinciana e a traizón.

Ambientada na cidade de Vetusta, La Regenta, publicada en 1884, é unha das grandes novelas da literatura española do século XIX e unha das máis importantes da historia, segundo moitos críticos.

Trátase dunha obra naturalista que retrata con dureza o ambiente dunha cidade de provincias dominada por unha clase alta ociosa e un clero que impón unha moral hipócrita e asfixiante. Ana Ozores é a protagonista, unha bela e nova rapariga que casa con don Víctor Quintanar, antigo rexente da Audiencia de Vetusta, moito maior ca ela, egoísta, e que vive en certo xeito nun mundo que non ten nada que ver coa realidade.

Ana séntese angustiada no seu matrimonio e, debido á súa frustración, é atrapada por don Álvaro, o don Xoán da cidade, e polo seu propio confesor, don Fermín de Pas, quen anhela convertela na súa esposa.

Con Ana Ruiz / Elena Ballesteros, Alex Gadea, Joaquín Notario, Jacobo Dicenta, Pepa Pedroche, Francesc Galcerán, Lucía Serrano e Alejandro Arestegui.

Coa colaboración especial de Joaquín Notario no papel de Victor Quintanar 

Dirección: Helena Pimenta

Duración estimada: 110 minutos (sen intermedio)

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión