Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: O meu fillo só camiña un pouco máis lento

De Ivor Martinić

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/04/2023 ata o 15/04/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

85 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

Miña é unha muller imprescindible, como tantas, no día a día da súa casa. Loita contra os seus demos mentres coida da súa nai, o seu pai, da súa filla e dun marido "disidente" pero especialmente desvélase polo seu fillo Branko que padece unha, innominada, enfermidade dexenerativa que lle vai facendo perder mobilidade. Hoxe, Branko, cumpre 25 anos e a súa "defectuosa" (hoxe día diríase "disfuncional") familia prepáralle unha festa. É o detonante para falar, con humor, sinxeleza e unha sinceridade brutal, de todo o que algunha vez importou, do que sempre debese importarnos: a memoria, a familia, o paso do tempo, a aceptación do diferente, a mocidade, o amor, o medo, a soidade, a beleza, o abandono, a tolemia, a enfermidade... A vida.

"O meu fillo só camiña un pouco máis lento" é un texto extraordinario e non é unha frase feita. Foi recoñecido con numerosos premios e as postas en escena sucédense dun país a outro. A casa familiar é o espazo diverso no que se dan infinidade de situacións, algunhas graciosas, outras crueis ou conmovedoras e moitas difíciles de clasificar. É rechamante a diversidade de idades nos personaxes, hai avós, nais, fillos adolescentes, un rexistro variado que proporciona á peza unha variedade e unha riqueza que atafegan. Tamén sorprende a impresión de que o texto podería estar escrito, tranquilamente, nunha realidade inmediata. Podémosnolo/Podémonolo imaxinar perfectamente inscrito nun barrio proletario calquera da nosa xeografía industrial ou inclusive nun contexto rural e euskaldun. Sen coñecer o nome do autor ou dos personaxes da función non pensariamos nunca que está escrita nos Balcáns. Iso pasa cos grandes textos, que son abertamente universais.

Con: Miren Arrieta, Ane Gabarain / Klara Badiola, Mireia Gabilondo, Asier Hernandez, Ander Iruretagoiena, Xabi "Jabato" Lopez, Maria Redondo, Martxelo Rubio, Jose Ramon Soroiz, Dorleta Urretabizkaia

Dirección e espazo escénico: Fernando Bernués

Vestiario: Ana Turrillas

Deseño de iluminación: Xabier Lozano

Produción de Tanttaka Teatroa

Duración estimada: 85 minutos (sen intermedio)

*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro

Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres dás 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: sólo abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenta

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez empezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión