Funcións suxeitas á nova normativa de capacidades decretada pola Xunta que establece un máximo de 30 espectadoras/es por función en recintos pechados, teatros, cinemas, auditorios...
Para público en xeral
19/11/2020
Xa rematou
18.00 e 20.30 h (capacidade reducida)
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas:
-20%; familias numerosas: -25%)
A partir do programa de Cadena Ser
Vidas enterradas é un serial radiofónico creado polos xornalistas Javier del Pino, Conchi Cejudo e Gervasio Sánchez para o programa "A vivir que son dos días" da Cadena SER. A través do documental sonoro rescátase a vida e a morte de persoas asasinadas durante a Guerra Civil e o franquismo. Dos protagonistas destas historias apenas se conservan algunhas fotografías, pero os recordos seguen vivos nos seus fillos e fillas, nos seus netos/as e bisnetos/as, na súa veciñanza, nos seus compañeiros de loita. Despois de décadas, son eles quen rompen o silencio para narrar esas biografías.
Con ese material, catro compañías: L'Om Imprebís, Teatro del Temple, Micomicón Teatro e Teatro Corsario prepararon unha versión teatral a partir dunha serie de monólogos encadeados que nos achegan ás vítimas, testemuñas e especialistas comprometidos no rescate desa memoria enterrada. O espectáculo está pensado para representarse en lugares non convencionais e cun formato aberto que permita, co tempo, ir integrando novos testemuños, ata realizar un gran fresco das fosas silenciadas do franquismo e do gran número de desaparecidos que fan do noso país o segundo do mundo nesta cuestión.
O programa "Vidas enterradas" mereceu o Premio Internacional de Xornalismo Rey de España.
Repartición: Mariano Anós, Edu Borja, Carles Montoliu, María José Moreno, Mateo Rubistein e Pilar San José
Textos: Mafalda Bellido, Juan Mayorga, Juan José Millás, Alfonso Plou, Laila Ripoll e Pepe Viyuela
Dirección: Santiago Sánchez, Carlos Martín, Mariano Llorente e Jesús Peña
Unha produción de L'Om Imprebís, Teatro del Temple, Micomicón Teatro e Teatro Corsario
Duración estimada: 60 minutos
*Venda de entradas a partir do 14 de setembro
Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 662 867 109
Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/es/busqueda?&pagina=1
IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio usar a máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.
26/04/2024
26/04/2024
27/04/2024
Dende o 26/04/2024 ata o 27/04/2024
03/05/2024
03/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible