Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cinenterraza: “cult movies 2020"

O número oito representa o infinito pero tamén o comezo. E este ano Cinenterraza adáptase aos novos tempos e ás novas medidas de seguridade para espectáculos, e volve con firmeza para apoiar o cinema presencial, que non debe desaparecer xamais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/07/2020 ata o 06/08/2020

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €. Descontos carné xove: + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.

O ciclo volve por un ano ás proxeccións en dixital pero mantén o formato de película + coloquio, ao que acudirán un variadísimo mostrario da escena cultural coruñesa, como o gañador de dous Goya ao cinema de animación Alberto Vázquez, a novamente nomeada aos premios Eisner (os Óscar do cómic) Emma Ríos, a poeta Lucía Aldao, membro do proxecto artístico Aldaolado, ou o crítico cultural Jorge Linheira, entre outros.

A oitava edición de Cinenterraza programa varias películas con personaxes femininas fortes e donas do seu destino, como a que protagoniza Cleo de 5 a 7, ópera prima de Agnés Varda ou a gran Janis Joplin no documental sobre a súa vida Janis: Little girl blue. Coma sempre, o cinema de xénero gozará dunha importante presenza no programa, con obras mestras como A bela e a besta de Jean Cocteau, Os ollos sen rostro de Georges Franju ou O fotógrafo do pánico de Michael Powell. O cinema español tamén terá cabida na edición deste ano con dous títulos tan dispares e fascinantes como El mundo sigue de Fernando Fernán Gómez e Magical girl, de Carlos Vermut. Por último, cerraremos a programación coa extraordinaria adaptación de Macbeth por parte de Akira Kurosawa Trono de sangue. Películas poderosas para un verán atípico no que a cultura non se rende.

Javier Trigales

PROGRAMACIÓN

Convidado: Alberto Vázquez (director de animación e ilustrador)

MERCA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS PARA LA BELLE ET LA BÊTE - (Localidades esgotadas para esta película)

Convidada: Sandra Sánchez (cineasta)

MERCA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS PARA LES YEUX SANS VISAGE - (Localidades esgotadas para esta película)

Invitado: Tomi Legido (programador musical)

MERCA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS PARA JANIS: LITTLE GIRL BLUE (Localidades esgotadas para esta película)

Convidado: Jorge Linheira (crítico cultural)

MERCA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS PARA EL MUNDO SIGUE - (Localidades esgotadas para esta película)

Convidada: María Meseguer (fotógrafa)

MERCA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS PARA PEEPING TOM

Invitado: Juan Lesta (director e videocreador)

MERCA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS PARA MAGICAL GIRL

Convidada: Lucía Aldao (poeta)

Convidada: Emma Ríos (debuxante e autora)

VENDA DE ENTRADAS:

Venda anticipada: dende as 9.00 h do luns da mesma semana da proxección, en http://www.evenbrite.com 

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só se quedan localidades dispoñibles, dende media hora antes da proxección.

NORMAS DE ACCESO

O acceso ao recinto realizarase pola porta posterior do Fórum Metropolitano, r/ Pose (polo parque).

As butacas estarán situadas a 1,5 m de distancia. Capacidade limitada a 48 butacas

Será de obrigado cumprimento:

  • Usar máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
  • Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
  • Usar a butaca que lles asigne o persoal de sala do recinto. Non está permitido desprazar as butacas, salvo que o persoal de sala o autorice por motivos de agrupamento familiar.
  • Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
  • Respectar a sinalización.
  • Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

Recoméndase:

  • Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
  • Actuar con responsabilidade.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión