Neste curso 2026-2027 continúa o Club de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales, dirixido tanto á mocidade, como ás familias e persoas adultas. Cunha novidade: a Liga do Club!
Mocidade (+12)
Familias
Persoas adultas
Persoas adultas, Xuvenil, Familias
17/10/2026
Xa rematou
Dende o 10/10/2026 ata o 16/10/2026
Require inscrición
Das 10.30 ás 13.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
16
O Club de xogos de mesa é un espazo de encontro interxeracional onde coñecer novos xogos de mesa e explorar novas formas de diversión e aprendizaxe en comunidade. Está mediado por persoas voluntarias que dinamizan a actividade pero que non exercen labores de vixilancia e custodia.
Por este motivo, solicítase que as/os menores de 12 anos veñan acompañadas/os da súa nai, pai ou representante legal e as/os maiores de 12 anos que estean autorizadas/os para acudir soas ou sós, acheguen ao comezo da actividade o modelo de autorización asinado por unha persoa súa proxenitora ou representante legal.
981 184 389
Na actividade, con inscrición previa, as persoas participantes poderán coñecer unha selección de xogos de mesa da Biblioteca e xogar con eles. Haberá 4 mesas nas que xuntarse para as partidas e 2 persoas presentando e explicando como xogar.
Ademais, neste segundo curso do Club, inauguramos a Liga de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales. Comezamos co xogo Petals, de Buscalume. En cada sesión, poderedes ir sumando puntos e comprobar a vosa puntuación na clasificación xeral da liga.
Anímate a participar da comunidade de xogos de mesa no Barrio dos Rosales. Esperámoste!
Tamén che pode interesar

18/11/2026
Dende o 11/11/2026 ata o 17/11/2026
Require inscrición

Dende o 16/11/2026 ata o 20/11/2026
Dende o 09/11/2026 ata o 14/11/2026
Inscrición presencial na biblioteca

20/11/2026
Dende o 13/11/2026 ata o 19/11/2026
Require inscrición de todas as persoas participantes (crianzas e persoas adultas)

20/11/2026
Dende o 13/11/2026 ata o 19/11/2026
Require inscrición

20/11/2026

21/11/2026
Dende o 14/11/2026 ata o 20/11/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible