Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto Van Morrison - Tour 2021

O concerto de Van Morrison na Coruña aprázase para o 31/03/2022

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/03/2022

O concerto de Van Morrison na Coruña aprázase para o 31/03/2022

Xa rematou

Estado do evento:

Cambio de hora o fecha

Horario:

20:30 h - Apertura de portas: 19:30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Cadeiras pista (filas 1 a 10): 65,00 €
  • Cadeiras pista (filas 11 a 30): 60,00 €
  • Tendido baixo (numerado): 55,00 €
  • Tendido medio (numerado): 50,00 €
  • Tendido alto (numerado): 40,00 €

Organiza:

IMCE

  • Entrada nominal, persoal e intransferible. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
  • A persoa titular da entrada debe indicar o seu nome, apelidos e DNI, tal e como figuran no seu Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • A persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada no acceso ao recinto.

Por motivos de saúde, Van Morrison non se desprazará a España para celebrar os concertos de Madrid (01/12) e A Coruña (03/12).

A xira española trasladarase a 2022. O concerto da Coruña terá lugar o 31 de marzo de 2022, e o de Madrid dous días antes, o 29.

As entradas adquiridas para o concerto do 03/12/21 na Coruña serán válidas para esta nova data, e o será igualmente as 20:30 h a hora de comezo do concerto. Para aqueles/as compradores/as que non estean interesados/as en asistir ao concerto o 31 de marzo, ábrese un prazo ata o 16 de decembro para a devolución do importe das localidades. A dita devolución debe solicitarse pola canle pola que se adquiriron as entradas.

Rogamos que desculpen as molestias que puidese orixinar este contratempo alleo ás persoas organizadoras do concerto e esperamos que poidan acompañarnos para gozar da esperada visita de Van Morrison ao Coliseum da Coruña.

Van Morrison non estivo inactivo durante a pandemia. A súa polémica e crítica posición respecto das restricións para a música en directo en Belfast levouno a gravar e publicar tres cancións para recadar fondos que subvencionan os músicos parados en Irlanda do Norte. Como el mesmo afirmou: "Tratei de ser construtivo durante os últimos quince meses ao involucrarme co goberno para propoñer suxestións prácticas sobre como traer de regreso os eventos de música en vivo baseados en avaliacións sólidas de riscos de saúde e seguridade individuais. Toquei no London Palladium fronte a unha audiencia en vivo a principios deste mes pero non podo tocar na miña cidade natal para unha audiencia limitada". Durante a pandemia, gravou o novo álbum "Latest Record Project: Volume 1" (Exile / BMG) publicado en marzo. Trátase do seu disco número 42 e sen dúbida o máis dinámico e contemporáneo en anos.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente os días do espectáculo desde as 17:00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión