Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Contacontos: Son Mariña! A historia dunha nena celíaca

As Bibliotecas Municipais da Coruña en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia organiza un ciclo de contacontos para nenos e nenas.

A quen vai dirixido?:

De 3 a 7 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

21/11/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/11/2023 ata o 21/11/2023

Require inscrición

Horario:

De 18:00 a 19:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Número de prazas:

20

Contacto:

O próximo mártes 21 de novembro ás 18 horas temos un contacontos organizado en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, dirixido a nenos e nenas de 3 a 7 anos, na Biblioteca Sagrada Familia.

"Son Mariña!" é a historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través da pequena Mariña, os mais pequenos/as poden comprender tanto os sentimentos da nena como as cousas que debemos ter en conta cando temos un amiguiño con celiaquía. Un conto que fomenta a inclusión na sociedade de todos os nenos/as con necesidades diferentes, ademais do respecto e a igualdade a través de diferentes personaxes, cancións e xogos.

A través de personaxes interpretados a cativada poderá coñecer a historia de Mariña e os seus amigos. Unha historia que se conta a través de dous narradores, Pandoso, un osiño moi despistado, e o Doutor Neutronio, un científico, os que a través de xogos, cancións e bailes conseguen que os nenos se divirtan e á vez aprendan acerca da enfermidade celíaca, a dieta sen glute, e a importancia dunha alimentación saudable, ademais de adquirir valores como a inclusión, respecto e igualdade.

ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola Enfermidade Celíaca e Dermatite Herpetiforme.

Ofrecen servizos, tanto aos socios coma á sociedade en xeral, sendo algúns deles a información e asesoramento ao celíaco recentemente diagnosticado, orientando acerca de como levar correctamente unha dieta sen glute, publicacións especializadas, ou actividades de difusión, información e concienciación á poboación xeral, entre outros.

Tamén che pode interesar...

  • Estrea da exposición «Fotografías da natureza 2023»

    Cando:

    Dende o 17/07/2023 ata o 30/11/2023

  • PAISATGES de Estudi1

    Cando:

    10/12/2023

    Inicio de vendas 16 de outubro ás 11:00 h 

  • PAISATGES de Estudi1

    Cando:

    10/12/2023

    Inicio de vendas 16 de outubro ás 11:00 h 

  • Bebescena Outono 2023

    Cando:

    Os días 29/10/2023 á 01:00 , 12/11/2023, 10/12/2023

    Inicio de vendas 16 de outubro ás 11:00 h 

  • “Zapatos”, de Caramuxo Teatro (aprazada de novembro)

    Cando:

    12/12/2023

    Inscricións:

    Dende o 03/11/2023 ata o 07/11/2023

    Esta actividade tivo que ser aprazada en novembro por enfermidade da actriz. As inscricións daquel día serven igualmente para esta nova data. Se alguén confirma que o martes 12 de decembro non pode asistir, abriranse esas prazas a unha nova inscrición.

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas ata os 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade. Non se poderá entrar á actividade no auditorio unha vez que empece a función. 

  • Merendas con contos: Riciños de Ouro

    Cando:

    12/12/2023

    Inscricións:

    Dende o 05/12/2023 ata o 12/12/2023

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión