Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Corufest -TRC Danza - Várvara

VÁRVARA propón un achegamento feminista ao arquetipo cristián de María Magdalena.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/10/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8,00 €

Descontos para carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: - 20%

Descontos para Familia numerosa: -25%

(É imprescindible mostrar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao teatro)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).

Partindo de lugares aparentemente tan dispares como a cultura valenciana do "bacallau" e a idea mística da éxtase, Bárbara Sánchez encarna a figura da Grande Amante. Como en toda práctica mística, o obxectivo aquí é a unión, a disolución definitiva da distancia. Non queda espazo para a ironía, o sarcasmo e moito menos para o autorreferencial. María Magdalena é a tola exemplar, capaz de baleirarse para encarnar o Amado, capaz de esnaquizar calquera institución patriarcal para afirmar o seu Amor Infinito. Ela fala directamente co seu Dono, elixido libremente. Non hai nin distancia nin intermediarios que vallan. Fronte á imposición capitalista dun modelo de muller privilexiada branca que pode permitir dedicar os seus esforzos para observarse a si mesma, Ela leva a cabo un desaloxo radical, unha baixada consciente e desexada aos cascallos do mundo, a ese lugar desde onde reina o seu Cristo.

Dirección, coreografía e interpretación: Bárbara Sánchez

Dramaturxia: Jaime Conde-Salazar e Bárbara Sánchez

Textos: Bárbara Sánchez e intervencións sobre orixinais de San Juan de la Cruz, Rafael de León, Federico García Lorca, Angélica Liddell, Ingmar Bergman, Marguerite Yourcernar, Javier Melloni, Yesenia Then e Emilio (reputado cañeiro valenciano).

VÁRVARA é unha produción de Bárbara Sánchez.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Venda telefónica: 662 867 109

Para mercar entradas en liña pique aquí

IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión