Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cultura a cuberto: ¡Esto es pop!

Charla de Javier Becerra sobre o libro ¡Esto es pop!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 05/12/2020 á 01:00 , 12/12/2020 á 01:00 , 19/12/2020

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

12.00 h 

* Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Con convite 

Retirada de convites en corunacultura.sacatuentrada.es

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Javier Becerra, xornalista e divulgador musical que o ano pasado editaba o libro infantil ¡Esto es pop!, propón unha viaxe a través da historia da música pop.

Desde hai tres anos, ofrece en colexios, festivais e centros culturais unha serie de charlas interactivas nas que se lles presenta os momentos clave da historia da música pop, en ton divulgativo e adaptado para nenas/os. O obxectivo? Abrirlles aos máis pequenos e ás máis pequenas as portas dun mundo marabilloso. Trátase de reflectir, a golpe de impacto e con moitas risas, a evolución desde o nacemento do rock and roll ata hoxe, involucrando as crianzas para bailar, gritar e cantar. Desde Elvis Presley a David Bowie, pasando por Aretha Franklin, Madonna e Beyoncé, todo iso sen esquecérmonos de The Beatles, James Brown ou Patti Smith, hai un universo marabilloso por descubrir.

O percorrido está cheo de sorpresas, revelacións e sobre todo moita diversión. 

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión