Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Docs do mes 2020

Proxectaremos as mellores obras dos festivais internacionais. Cada mes unha nova historia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 01/09/2020 á 01:00 , 06/10/2020, 03/11/2020, 01/12/2020

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permite acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá acceder á sala.

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://corunacultura.sacatuentrada.es/

O primeiro martes de cada mes, ás 20.00 h, estrearemos na gran pantalla do auditorio do Centro Agora unha película documental de calidade, de temática e procedencia diversa, en versión orixinal subtitulada en castelán e para persoas xordas.

+ Info: www.eldocumentaldelmes.com

  • 1 de setembro

Honeyland de Ljubomir Stefanov

Macedonia do Norte - 2019 - 85 min. V.O. en dialecto turco, subtitulada en castelán

  • 6 de outubro

Marwa, pequena e valente (Tiny Souls) de Dina Naser

Xordania, Qatar, Francia e Líbano - 2019 - 85 min. V. O. en árabe, subtitulada en castelán

  • 3 de novembro

Robots. As historias do amor do futuro de Isa Willinger

Alemaña - 2019 - 90 min. V. O. en inglés, xaponés, italiano e alemán, subtitulada en castelán

  • 1 de decembro

Overseas de Sung-A Yoon

Bélxica, Francia - 2019 - 90 min V. O. en inglés, tagalo e ilongo, subtitulada en castelán

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión