Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Docs do mes: Lobster soup

As mellores estreas de cinema documental durante todo o ano!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/11/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Duración:

96 minutos

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2.50 €

(carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

*Imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada en despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o evento deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Krilli prepara a sopa de lagosta. O seu irmán Alli senta cos vellos pescadores, o último boxeador da illa e o tradutor do Quixote a islandés. Cada día atopan unha solución aos grandes problemas do mundo. A sopa é tan exquisita que atrae multitude de autocares cargados de turistas. O éxito da sopa supera todas as expectativas ata o punto de captar o interese dun sambiciosos investidores. Queren comprar o local, amplialo e colgar un grande esqueleto de balea na parede. Unha comedia deliciosa, con ingredientes doces, picantes e melancólicos, sobre a alma humana e a vida en comunidade que remata por se converter nunha radiografía da decadencia consumista do mundo occidental. Dirección: Pepe Andreu, Rafa Molés

España, Islandia, Lituania - 2020

VO en islandés e inglés con subtítulos en español

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora: unicamente días de espectáculo desde 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e os vienres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión