Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"En tierra extraña"

Concha Piquer desexa desde hai tempo coñecer a Federico García Lorca. Non en balde el é o poeta máis solicitado do momento e ela a máis famosa cantante de España. Ese encontro debe producirse.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/02/2022

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.30 h

- Hora de apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea

25,00 €

Palco Real / Palco Central / Palco Lateral

20,00 €

Principal

15,00 €

1.ª fila principal (VR) / Mobilidade reducida (MR)

13,00 €

- Prezo con desconto (que desconto e que colectivos): Desconto do 20% para carné xove, +65 anos, persoas desempregadas / Desconto do 25% para familia numerosa

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

"En tierra extraña" 2021 AIE

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Muller afeita a manexar o seu destino e a non recibir nunca un non como resposta, pídelle ao seu colaborador Rafael de León que cite o poeta no Teatro Español de Madrid, onde ensaia o seu novo concerto. Quere propoñerlle que lle escriba unha canción.

Federico acepta a invitación. Por unha banda admira a voz da cantante, por outra está desexoso de conseguir novos ingresos que, unidos ao teatro, lle permitan levar o nivel de vida que sempre soñou e do que, ao fin, está a empezar a gozar. Iso si, contáronlle tantas cousas (e non sempre boas) da valenciana que acode con certos reparos, moita curiosidade (e bastante atraso), ao encontro.

Pero, unha vez fronte a fronte, as cartas iranse poñendo sobre a mesa. A verdadeira razón dese encontro é avisar a Federico de que a situación do país é irreversible. Concha sabe de primeira man que o seu nome figura en varias listas negras. A "xente coma el" debería fuxir ao estranxeiro canto antes. Pola súa propia seguridade. Federico non cre que o sangue chegue ao río e pensa que os ánimos se acougarán.

Con todo, un terrible acontecemento, o asasinato de José del Castillo a poucos metros do teatro, fai a Federico reformularse a situación. Quizais debería fuxir. Concha dille que ela lle pode facilitar nese mesmo instante unha pasaxe para México. Non debe perder un minuto. Pero o poeta non ten tan claro que ese sexa o seu destino. España é a súa patria. E nunca se sentirá nela EN TERRA ESTRAÑA.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente días de función desde dúas horas antes do comezo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión