Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Encontro con Carlos Ocampo para presentar "El patio de los quebrantos"

Un percorrido pola tortura en Colombia na semana dos Dereitos Humanos

A quién va dirigido:

Personas adultas

Cuándo:

15/12/2021

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas.

Dirección:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Carlos Ocampo, Licenciado en Comunicación Social e Xornalismo pola Universidade de Bogotá presenta o libro "El patio de los quebrantos" (Carena, 2020), un percorrido pola tortura con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos.

"Eu escoitara falar das "caballerizas", un lugar ao norte de Bogotá habilitado como centro de tortura. Ao chegar alí o primeiro que fixeron foi espirme, poñerme de pé contra un muro e atarme, cos brazos en alto, unha venda nos ollos".

O protagonista narra o seu compromiso coa guerrilla urbana tanto na militancia ideolóxica como nas accións violentas até que chegan o cárcere, as torturas, o abandono dos antigos protectores, o desamparo, o medo e a dor. A medida que a obra vai tomando forma o autor vai tecendo a súa reconciliación coa vida, coa familia, coa humanidade pero sobre todo, consigo mesmo. Estamos ante un libro de acción, pero tamén de indagación interna.

En conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH, 1948), terá lugar a presentación do libro con Carlos Ocampo, profesor, educador sindical, investigador e na actualidade terapeuta humanista, acompañado por Cristina Ameijeiras, directora da Biblioteca Ágora e Cristina Ramallo, historiadora, docente, avogada penalista, Doutora en Liberdades Públicas e Dereitos Humanos e Vicepresidenta de Amnistía Internacional Galicia.

Para saber máis

- Conversa no blog Suma Ágora con Carlos Ocampo Marín: "O xuízo é a base sobre a que descansa a intolerancia".

- Conversa no blog Suma Ágora con Cristina Ramallo: "Levo ao Che Guevara atado aquí dentro".

- Mostra bibliográfica "Día dos Dereitos Humanos" na sala de adultos da Biblioteca Ágora, do 9 de novembro ao 20 de decembro.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión