Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Escola de Participación 2022

Promovida pola Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 10/11/2022 hasta el 01/12/2022

Ya ha finalizado

Formulario de inscripción

Documentos:

Folleto Escola de Participación (2 MB)

Cartaz Escola de Participación (66 KB)

ESCOLA DE PARTICIPACIÓN 2022

Un ano máis, a Escola de Participación, promovida pola Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, ofrece no mes de novembro unha serie de actividades formativas e informativas abertas a toda a cidadanía. O programa da Escola-2022, inclúe dous cursos moi completos e varios obradoiros curtos de gran interese, tanto a nivel persoal como profesional, dirixidos a o tecido asociativo, ao voluntariado e abertos a toda a cidadanía da Coruña que quera participar.Durante a segunda quincena do mes de novembro, a Escola de Participación impartirá, sempre de maneira gratuita, 2 cursos formativos e 4 obradoiros presenciais en distintos horarios de mañá e de tarde, para facilitar a participación de todas as persoas interesadas. A destacar de xeito especial, a celebración dun obradoiro de xestión de emocións dirixido específicamente á mocidade, que tera lugar no Espazo Xuvenil Remanso o 28 de novembro pola tarde, e que terá unha idade límite de 30 anos.

INSCRICIÓN NOS CURSOS E OBRADOIROS:

O prazo de inscrición permanecerá aberto de maneira continuada, desde o día 10 de novembro, ata as 15:00 h do día 15 de novembro, ata completar as prazas dispoñibles en cada grupo.

Para formalizar a inscrición será preciso encher o formulario que hai dispoñible neste espazo web.

Poderán participar nestas accións formativas da Escola de Participación as persoas de calquera dos grupos seguintes:

  1. Persoas pertencentes as asociacións inscritas no REMAC, ou vinculadas a elas.
  2. Persoas inscritas nos programas de voluntariado municipais.
  3. Cidadanía en xeral.

As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición. Abriranse listaxes de espera e ofrecerase a posibilidade de reubicación nalgún outro grupo que non esté completo.

No caso de ter realizada a inscrición e no poder asistir,  é preciso comunicalo enviando un correo electrónico a participacion@coruna.gal, para que outra persoa poda ocupar a praza.

RESUMO DO PROGRAMA:

Curso básico de lingua de signos

Dous cursos de coñecemento básico da lingua de signos, estructurado en 3 sesións presenciais de 3 horas, para aprender e practicar os signos de comunicación.

Modalidade: presencial

Duración: 9 horas distribuidas en 3 sesións.

Datas e horario:

  • Quenda de mañá: 16, 23 e 30 de novembro, de 10:00 h a 13:00 h
  • Quenda de tarde: 16, 23 e 30 de novembro de 16:30 h a 20:30 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora

Capacidade: 15 persoas en cada quenda

Voluntariado e aspectos sociais da enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas

Curso formativo moi completo, estructurado en 5 sesións presenciais, dirixido a voluntariado, familiares e coidadores de persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias, cun importante compoñente práctico.

Modalidade: presencial

Duración: 20 horas distribuidas en 5 sesións.

Datas e horario:

  • Días 21, 22, 24, 28 e 29 de novembro, de 9:30 h a 13:30 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora

Capacidade: 20 persoas

Obradoiro práctico sobre comunicación dixital no entorno asociativo

Tres obradoiros prácticos sobre comunicación dixital e uso das redes sociais, incluindo un acercamento á creación audiovisual, guiones, escaletas, etc., cunha parte práctica de aprendizaxe de uso de ferramentas de grabación e edición audiovisual, así como plataformas de aloxamento e difusión das producións.

Complementarase con información xeral sobre dereitos de autor para usar creacións de terceiros en comunicacións dixitais, emisións de vídeo, podcasts, etc.

Modalidade: presencial

Duración: 4 horas

Datas e horario:

  • Xoves 24 de novembro, de 17:00 h a 21:00 h
  • Martes 29 de novembro, de 17:00 h a 21:00 h
  • Xoves 1 de decembro, de 17:00 h a 21:00 h

Espazo: Aula de formación de AtlanTICs, Juan Flórez, 146, entreplanta

Capacidade: máximo de 6 persoas en cada grupo

Obradoiro práctico sobre seguridade dixital

Aborda os principais riscos que conleva o uso das Redes Sociales, tanto a nivel particular, como na administración dos perfís de asociacións e outros colectivos, ademáis de coñecementos básicos sobre dereitos á privacidade, á intimidade ou a propia imaxe, para unha mellor xestión a través das comunicacións realizadas en redes sociales.

Modalidade: presencial

Requisitos: Cada persoa deberá levar o seu móvil ou tablet.

Duración: 3 horas

Datas e horario:

  • Martes 22 de novembro, de 17:00 h a 20:00 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora

Capacidade: 15 persoas

Obradoiro de xestión emocional

Impartido por un psicólogo, para a xestión emocional do enfado, o medo e as emocións. Tratarase o tema da xestión do estrés e o aprendizaxe a vivir en entornos inciertos, ofrecendo ferramentas útiles para manexar as diferentes emocións e a ansiedade.

Prográmanse dous obradoiros, o primeiro deles para a cidadanía en xeral e o segundo de maneira específica para a mocidade, que se levará a cabo no espazo xuvenil do Remanso e terá unha idade límite de 30 anos.

Modalidade: presencial

Duración: 4 horas

Datas e horas:

  • Luns 21 de novembro, de 16:00 a 20:00 h (cidadanía en xeral)
  • Luns 28 de novembro, de 17:30 a 21:30 h (mocidade)

Espazo: O primeiro deles no Centro socio-cultural Ágora e o segundo, dirixido á mocidade, no Espazo Xuvenil Remanso.

Capacidade: 15 persoas en cada grupo

Obradoiro sobre aforro e eficiencia enerxética

Obradoiro informativo e práctico sobre empresas distribuidoras e comercializadoras, factura do consumo, aforro no fogar, uso de electrodomésticos, etc.

Modalidade: presencial

Duración: 2 horas

Datas e horas:

  1. Quenda de tarde: xoves, 17 de novembro, de 17:00 a 19:00 h
  2. Quenda de mañá: venres, 25 de novembro, de 11:00 a 13:00 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora

Capacidade: 20 persoas en cada quenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión