Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Escola de Participación | decembro 2021

Espazo de formación e aprendizaxe para entidades, colectivos informais e para a cidadanía

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/12/2021 ata o 17/12/2021

Xa rematou

Formulario de inscrición

Prezo:

gratuito

Organiza:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Servizo Municipal de Participación

Contacto:

participacion@coruna.gal

Documentos:

Folleto Escola de Participación - decembro 2021 (167 KB)

Esta edición, a escola de Participación inclúe diferentes obradoiros curtos de moito interese, tanto a nivel persoal como profesional, dirixidos a o tecido asociativo, ao voluntariado e abertos a toda a cidadanía da Coruña que quera participar.

Deste xeito, durante a primeira quincena do mes de decembro, a Escola de Participación impartirá, 4 obradoiros presenciais en distintos horarios de mañá e de tarde, para facilitar a vosa participación. Tedes máis información no programa que enviamos xunto a este correo.

Impartiranse, sempre de maneira gratuita, dous obradoiros de sensibilización e linguaxe de signos, tres obradoiros sobre xestión emocional en tempo de pandemia, un obradoiro práctico sobre sistemas e organización de reunions virtuais e dúas accións formativas máis para o fomento do uso da administración electrónica a través do certificado dixital. 

O programa se describe seguidamente de maneira resumida:

1.- Obradoiro de iniciación á linguaxe de signos (4 horas)

Obradoiro de sensibilización no que se inclúe unha iniciación ao aprendizaxe da lingua de signos, practicando algúns signos básicos (saúdos, presentacións, etc.)

  • Xoves 9 de decembro, de 16:30 h a 20:30 h
  • Venres 10 de decembro de 10:00 a 14:00 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora

Límite de 15 persoas en cada taller

2.- Obradoiro de xestión emocional en tempos de pandemia (3 horas)

Obradoiro específico para a xestión emocional do enfado, o medo e as emocións da  pandemia. Tratarase o tema da xestión do estrés e o aprendizaxe a vivir en entornos inciertos, ofrecendo ferramentas para manexar as emocions asociadas á pandemia.

  • Xoves 9 de decembro, de 11:00 a 14:00 h
  • Venres 10 de decembro de 16:00 a 19:00 h
  • Luns 13 de decembro, de 10:00 a 13:00 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora.

Límite de 12 persoas en cada taller

3.- Obradoiro sobre obtención e uso básico de certificado dixital (4 horas)

Obradoiro práctico para a obtención do certificado dixital, de uso obrigatorio para as asociacións, e instrucións para a súa utilización nas relacións coa administración.

  • Luns, 13 de decembro, de 16:00 a 20:00 h, na aula de informática do Centro Cívico Municipal de Rosales.
  • Martes, 14 de decembro, de 10:00 a 14:00 h, na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana. Avda. de Glasgow, 7.

Límite de 10 persoas

4.- Obradoiro sobre sistemas, organización e xestión de reunións virtuais (3 horas)

Unha das consecuncias da pandemia foi a consolidación do teletraballo e o mantemento de reunións e encontros profesionais ou de ocio en formato virtual.

Neste obradoiro, totalmente práctico, abordaránse os principais sistemas e programas para a realización de reunións virtuais, convocatoria, participación e xestión de encontros desta natureza.

  • Martes, 14 de diciembre, de 16:30 a 19:30 h, na aula de informática do Centro Cívico Municipal de Rosales.

Límite de 10 persoas

INSCRICIÓN NOS TALLERES:

O prazo de inscrición permanecerá aberto de maneira continuada, desde o 1 de decembro, ata as 15:00 h do día 8 de decembro, ata completar as prazas dispoñibles en cada grupo. Para formalizar a inscrición será preciso encher o formulario de inscrición na páxina web de Participación Cidadá do Concello da Coruña, https://www.coruna.gal/participacion

Podrán participar nestas accións formativas da Escola de Participación as persoas pertencentes a calquera dos grupos seguintes:

  1. Persoas pertencentes as asociacións inscritas no REMAC, ou vinculadas a elas.
  2. Persoas inscritas nos programas de voluntariado municipais.
  3. Cidadanía en xeral.

As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición. Abriranse listaxes de espera e ofrecerase a posibilidade de reubicación nalgún outro grupo que non esté completo.

Rogámosvos que, se vos inscribides, acudáis ao taller e, no caso de que non podades asistir, o comuniquedes enviando un correo electrónico a participacion@coruna.gal, para que outra persoa poda ocupar a praza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión