Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición Coral Polifónica El Eco 1882-2022 140 Aniversario

Exposición que permitirá coñecer a historia da coral polifónica El Eco durante os seus 140 anos de traxectoria

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/11/2022 ata o 22/01/2023

Xa rematou

Horario:

de luns a venres de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h

Enderezo:

Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

981228888

eventos@palexco.com

Peirao de Transatlánticos s/n, 15003, A Coruña

Este ano de 2022 conmemórase o 140 aniversario da coral polifónica El Eco, unha agrupación que tivo e continua tendo unha enorme incidencia na vida cultural coruñesa e cuxa importancia transcende a propia cidade converténdose nun símbolo da música galega.

A exposición, que ten como comisario a Alberto Cancela, estará formada por máis de 120 elementos, como estandartes, coroas, medallas, partituras etc, pertencentes ao seu rico arquivo, un dos maiores do ámbito coral. Todo isto preséntase seguindo unha orde cronolóxica e agrupándose por épocas para facilitar a súa seguimento:

  • Os orfeóns. O nacemento dun fenómeno.
  • Coral Polifónica El Eco
    • A orixe. Os anos dourados (1882-1893)
    • Dos anos convulsos cara a modernización (1894-1939)
    • O esplendor lírico (1940-1975)
    • Os retos dun novo milenio (1976-2022)

Ao longo das paredes da sala sitúanse paneis que mostrarán a liña histórica, mediante a que se poderán seguir os principais fitos desta sociedade, acompañadas de fotografías e incluíndo biografías dos directores e presidentes.

Esta exposición tamén contará con dúas zonas onde se realizarán dúas proxeccións. Na primeira delas poderase ver unha compilación de actuacións da coral recollidas en audiovisual ao longo de diferentes épocas, mentres que a segunda terá a finalidade de situar ao espectador dentro da propia coral e así poder percibir as diferentes liñas vocais das pezas máis representativas do seu repertorio, de tal maneira que poderán sentir o mesmo que experimentan os propios coralistas.

Como apoio para seguir a exposición, as persoas asistentes terán a opción de utilizar o seu propio teléfono móbil conectado a uns auriculares. Para isto, ademais da física, tamén haberá unha exposición virtual utilizando a tecnoloxía dos códigos QR e con José Castro Chané reconvertido en guía turístico.

Todo isto terá como finalidade principal a apertura cara a un público máis amplo, achegando os materiais e a información ás idades máis temperás. Precisamente por iso, esta exposición acompáñase dunha unidade didáctica dispoñible para que desde os centros educativos da contorna da cidade da Coruña poidan traballar sobre esta temática e desta forma tratar de xerar interese para visitar a exposición.

Unidade didáctica da exposición de El Eco

UD complementaria

Mariñeiro Groba Partitura

Mariñeiro Groba piano

'Mariñeiro' de Rogelio Groba. Coral Polifónica El Eco

https://youtu.be/QSCKdMVi21s

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión