Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición de fotografía "Olladas"

Dezaseis mozos e mozas de formación moi variada traballan cada día para dar unha visión fresca e renovada aos programas culturais que se están ofrecendo na cidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/07/2022 ata o 31/07/2022

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás de 11:00 a 13:30 h

Tardes: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos e festivos

Mañás de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

de balde 

Organiza:

Casas Museo

Contacto:

981 189 856

Fotogrametría, virtualización de rutas, revisión de arquivos ou accesibilidade son tarefas nas que xa se están a mergullar cada xornada. E é que teñen asignado un encargo moi específico, o rexistro e dinamización dos xacementos arqueolóxicos da cidade son o obxectivo do seu traballo para desenvolver ao longo deste ano e até o próximo verán.

Nesta ocasión tremos unha proposta moi artística, xa que os nosos xacementos van ser tratados dende unha visión persoal por sete fotógrafos/as comisariados/as por outros seis xestores/as culturais e apoiados/as polas docentes do programa a través dunha mostra fotográfica na Casa Museo Casares Quiroga.

A proposta é a seguinte:

  • Antagonía (Selene Gómez e Noelia Paz Fernández)
  • Historia dunha travesía imaxinaria (Iago Lagüela e Victoria Rivas Viturro)
  • En Tránsito (Elizabeth Sach e Yolanda Ramos Delgado)
  • Des-invisibilizar (Silvia Blanco e J.P)
  • Malo será (Raquel Cardalda e Irune Rial)
  • Sigo Pensando (Gonzalo Cela e Miguel Ricoy Astray)
  • Emocións (Oriana Rubio e Miguel Ricoy Astray)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión