Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición de Isabel Muñoz

Exposición: O Mar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/10/2020 ata o 15/10/2020

Inauguración xoves 24 ás 11.30 h

Xa rematou

Enderezo:

Avda. Montoto (Dársena da Marina).

Prezo:

gratuita

Premio Nacional de Fotografía 2016 e World Press Photo 1999 e 2004, entre outros moitos galardóns, o traballo de Isabel Muñoz caracterízase pola unión do seu compromiso social coa procura da beleza. Convencida de que as historias que non se contan non existen, Muñoz utiliza a fotografía como unha ferramenta para sacar á luz historias descoñecidas. Nesta exposición presenta 12 fotografías de gran formato, algunhas delas inéditas, realizadas no Mediterráneo e no Xapón entre 2016 e 2020. A mostra é unha reflexión sobre a relevancia dos océanos na nosa vida, sobre a orixe da nosa existencia e o lugar ao que volvemos na busca da nosa parte máis animal. Muñoz alerta sobre un dos grandes perigos -os residuos plásticos-, unha profunda ferida provocada pola acción do ser humano.

A fotógrafa contou coa colaboración de Ai Futaki, récord Guinnes de apnea e documentalista submarina xaponesa, que se apoia nesta modalidade deportiva para transformar a natureza en arte.

Isabel Muñoz protagonizará un encontro inspirador  o venres 25 de setembro na Domus, no que o público poderá coñecer as claves do seu traballo

+ Información 

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión