Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Jaulas", de Nicolás Pacheco

"Ás veces esquecemos que podemos voar." Fascinante alegación á liberdade individual onde as mulleres son as protagonistas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/06/2021 ata o 19/06/2021

Xa rematou

Horario:

* xoves e venres ás 20.00 h. Sábado ás 17.30 h e 20.00 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € ( carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sábado ás 17.30 h (sesión do/a espectador/a): prezo único 1,50 €

**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e acceder á sala de cinema.

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

- Usar máscara de forma obrigatoria.

- Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

- Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.

- Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos. Actuar con responsabilidade.

Suxestivo debut de Nicolás Pacheco, quen realiza unha dirección fascinante e un guión espléndido. Con personaxes que lembran os "esquecidos" de Buñuel, Jaulas é unha alegación á liberdade individual, principalmente a das mulleres.

Nun poboado andaluz que se quedou ancorado no tempo, Concha e a súa filla Adela soñan cunha vida mellor. Farta do ambiente opresivo e dun marido cruel, Concha decide arriscalo todo e escapa coa súa filla á cidade. A súa fuxida converterase nunha aventura na que loitarán por escapar das gaiolas que sempre foron as súas vidas.

Con Estefanía de los Santos e Belén Ponce de León

España, 2018 - 96 min - (VOS en castelán)

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662 867 109

Venda no despacho de billetes do Fórum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)

Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 a 14.00 h e de 15.00 a 18.00 h, e venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión