Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

«Galicia futura. Todo o que imos ser», na Coruña

Como imaxinas a Galicia futura? Esta exposición sae á procura de respostas a esta pregunta a través dun suxestivo diálogo entre arte e ciencia, entre tecnoloxía e creatividade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/06/2022 ata o 30/07/2022

Xa rematou

Horario:

Luns a sábados (festivos incluídos) das 12.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h

Domingos pechado

Enderezo:

Rúa Cantón Grande 8.

Prezo:

Gratuíto

VISITA GUIADA INAUGURAL con comisariado | 17 DE XUÑO | 19.00 h

Inscríbete AQUÍ gratis.

DÉBORAH GARCÍA BELLO e MIGUEL ÁNGEL CAJIGAL VERA | comisarios

A mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar as rutas do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda.

"Galicia futura. Todo o que imos ser" profunda tamén no noso pasado para identificar comportamentos e procesos que constrúen o futuro, poñendo o acento nunha selección de pezas destacadas que representaron no seu momento un impulso decidido cara ao futuro en diversos ámbitos.

Mostrar o que se está facendo desde distintas áreas do coñecemento, facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber nos permiten comprender a súa progresión, e buscar as claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia son os obxectivos dunha mostra viva, que quere transcender as paredes da sala de exposicións e impulsar procesos creativos propios. Por iso, expóñense pezas artísticas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes das artes plásticas, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música en Galicia, que contribúen á visión diversa e coral que intenta ofrecer a exposición.

Un dos puntos destacados da exposición son a serie de obras realizadas en exclusiva para a mostra por distintos creadores e creadoras galegas. Entre elas atópanse a peza audiovisual exclusiva que comparte título coa propia mostra, rodada por Óliver Laxe nos Ancares, ou o Campo de figos co que a dramaturga Marta Pazos sorprende as persoas visitantes cunha instalación envolvente na que reflexiona sobre feminismo, futuro e identidade. A arte hipertecnolóxica do creador galego instalado en Singapur Rubén Ramos Balsa é outra das protagonistas da mostra, coa obra Travesía, inspirada na paisaxe galega e no Camiño de Santiago.

O diálogo entre diferentes disciplinas artísticas é tamén nexo común a varias das pezas creadas para esta exposición, entre as que poderemos atopar desde un espazo que combina vídeo, fotografía e pintura ―con tres destacados creadores galegos como son o cineasta Juan Lesta, o fotógrafo Damián Ucieda e o artista plástico Vítor Mejuto― ou unha peza audiovisual que reúne o talento da poeta Estíbaliz Espinosa, a realizadora Lucía Estévez e o físico Carlos Salgado na creación dunha sorprendente obra capaz de entretecer a exploración do cosmos coa pintura de Maruja Mallo.

En definitiva, a mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar as sendas do porvir de Galicia en diferentes campos. Explora, así, un futuro desexado e posible.

COMISARIADO E COMITÉ ASESOR Deborah García Bello (A Coruña, 1984), @deborahciencia, é química e divulgadora científica. Investiga ciencia de materiais aplicados á arte contemporánea no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña, dirixe as xornadas Ciencia & Arte de Bilbao e é parte do equipo de formación e transferencia científica de L'Oréal. Traballa tamén como divulgadora en diversos programas de televisión e radio autonómicos e nacionais.

Miguel Ángel Cajigal Vera (A Coruña, 1981), @elbarroquista, é historiador da arte e divulgador cultural. É parte do equipo educativo da Fundación Cidade da Cultura e dirixe o Máster en Educación en Museos e Espazos Culturais da Universidade Miguel de Cervantes. É membro do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) e do Consello Internacional de Museos (ICOM) e colabora como divulgador con diversos medios de comunicación galegos e estatais.

O proxecto expositivo contou, ademais, cun amplo comité de colaboradores/as, conformado por 19 persoas entre as que se atopan algúns dos artistas e científicos/as con máis talento de Galicia, desde a catedrática en telecomunicación Edita de Lorenzo, a cantante e compositora Wöyza, a chef distinguida cunha Estrela Michelín Lucía Freitas, o director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Carlos Salgado, ou a deseñadora Nuria Carballo, entre outros.

Producida pola Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 21-22.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión