Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Gallaecia Big Band coa BMMC

Con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno por causa da COVID-19 este espectáculo foi aprazado. Fíxase como nova data para a súa realización o 22 de outubro de 2020. No caso de que non queira acudir na nova data establecida para a súa realización, pode solicitar a devolución do importe da localidade no prazo máximo de 1 mes desde esta comunicación. As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán usar os tíckets que xa teñen ou reimprimilos coa nova data. Para as entradas adquiridas en despacho de billetes, poderá acudirse a el para solicitar a súa devolución ata o 30 de xullo de 2020.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

22/10/2020

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

5,00 euros

Encontros coa BMMC

Gallaecia Big Band, a Big Band de Galicia formada por 15 artistas, caracterízase pola súa potencia visual e sonora e leva varios anos amenizando eventos de gran nivel como a Gala do Cancro, conferencias, entrega de premios e varias intervencións en numerosos programas da TVG. O repertorio para este concerto de colaboración está formado por cancións de sempre no que se tocarán varios estilos musicais como mambos, boleros, chachachás ou swing, como no caso de New York, New York ou clásicos galegos como Negra sombra. Todos os arranxos para a banda foron realizados polo director de Gallaecia Big Band, Cristian Leggiero, e seranlle facilitados á banda para a realización do concerto.

Para esta ocasión, Gallaecia Big Band ofrece a 8 artistas, os seus solistas e 2 cantantes:

  • José Luis Miranda, trombón solista
  • Hansel Luis Díez, trompeta solista
  • Pablo Castaño, saxo solista
  • Carlos Bastón, batería
  • Pachi Cruz, contrabaixo
  • Cristian Leggiero, dirección, arranxos e piano
  • Paty Lesta, cantante
  • Toño Otero, cantante e saxo

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión