Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

«III Encontro da Noite»

Xornada divulgativa sobre contaminación lumínica, protección da noite e posta en valor da paisaxe nocturna.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/05/2022

Este evento xa rematou

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

A entrada é gratuíta ata completar espazo.

Require inscrición, que pode realizarse neste formulario.

Organiza:

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío coa colaboración de Museos Científicos-Concello da Coruña.

O III Encontro da Noite desenvolverase na Domus cun programa de charlas a cargo de diversos profesionais que expoñerán diferentes aspectos sobre a contaminación lumínica.

Ademais, ás 20 horas, haberá unha proxección especial no Planetario da Casa das Ciencias.

Programa:

Sesión de mañá (11h-14h)

  • 11:00 h. «Rosalía de Castro e a noite». Anxo Angueira, poeta e presidente da Fundación Rosalía de Castro.
  • 11:30 h. «O Dereito e o revés da contaminación luminosa». Alba Nogueira, catedrática de Dereito Administrativo da USC.
  • 12:00 h. «La contaminación lumínica mata». Airam Rodríguez, profesor no Departamento de Ecoloxía da Universidade Autónoma de Madrid.
  • 13:00 h. «Contaminación lumínica: cuando es la luz lo que nos quita el sueño». María Ángeles Bonmatí, investigadora postdoctoral no Ciber de Fragilidad y Envejecimiento Saludable (Instituto de Salud Carlos III), no Laboratorio de Cronobiología da Universidade de Murcia.

Sesión de tarde (17h-19h)

  • 17:00 h. «Suave es la noche: la importancia cultural y social del cielo oscuro». Sandra Benítez Herrera, astrofísica e educadora científica, coordinadora do proxecto CESAR e responsable de comunicación de ESAC e colaboradora do proxecto voluntario de divulgación GalileoMobile.
  • 18:00 h. «Noites escuras, ideas brillantes: as revolucións cosmolóxicas do s.XX». Antón Baleato, cosmólogo e investigador postdoc no Berkeley Center for Cosmological Physics e Lawrence Berkeley National Laboratory.

Sesión especial de planetario da Casa das Ciencias

  • 20:00 h. Proxección de «Pirineos la Nuit». Presentación a cargo de Fernando Jáuregui, astrofísico do Planetario de Pamplona.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión