Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Imaxes da memoria. O cómic como recurso didáctico

Esta mostra propón un percorrido contra o esquecemento.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/09/2020 ata o 11/10/2020

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De martes a sábado:

Mañás de 11.00 a 13.30 h

Tardes: de 18.00 a 20.00 h

- Domingos e festivos:

Mañás de 12.00 a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

Organiza:

Concello da Coruña

A Casa Museo Casares Quiroga acollerá esta mostra que propón un percorrido contra o esquecemento a través das viñetas de destacados debuxantes e guionistas españois e acompañada de paneis explicativos do momento histórico que reflicten: a guerra, o exilio e a vida cotiá durante a ditadura franquista.

A selección de obra gráfica corresponde á dos autores Sento Llobel "El doctor Uriel", Paco Roca "Los surcos del azar", Antonio Altarriba "El arte de volar" e "El ala rota" e José Pablo García "La Guerra Civil Española".

Noutro plano e complementario, engádese a documentación da realidade gráfica a través dos cómics da época (entre 1936-1960) con exemplares de TBO, Aventuras y detectives, Bufallo Bill, El traidor, Nick Carter, Sherlock Holmes, Gente menuda, Sitting Bull, Trampolín, Capitán Trueno ou El guerrero del antifaz.

O Concello da Coruña xunto coa ARMH achegan esta linguaxe gráfica co obxectivo de lle dar a coñecer á veciñanza, e á cidadanía en xeral, os feitos históricos que aconteceron no noso país.

Os institutos, alumnado e profesorado, poderán solicitar unha visita e recursos didácticos para o seguimento da exposición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión