Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

IV Ciclo de cinema: Os ollos abertos

Ciclo de cinema gratuíto sobre migracións e refuxio

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/09/2022 ata o 29/09/2022

Xa rematou

Horario:

Todas as proxeccións comezarán ás 18:30 h

Duración:

2,30 h aprox.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Se queres colaborar co traballo da ONG Aire podes facer un donativo a través de BIZUM /donativos/ong aire/ COD 00095

Organiza:

ONG Aire

Coordinador e moderador do ciclo: Javier Trigales

"Os ollos abertos" é un ciclo de cinema que na súa cuarta edición se realizará na Coruña do 26 ao 29 de setembro. Durante eses días proxectaremos catro películas que afrontan os problemas relacionados coas migracións desde unha perspectiva positiva e esperanzadora. Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio no que profundaremos sobre a temática proposta pola película.

Escollemos catro títulos que abarcan diversas formas de abordar as migracións desde ópticas construtivas, solidarias e optimistas (no posible) para incidir en dinámicas que poidan achegar elementos positivos á hora de encarar o futuro. Os argumentos das películas tocan de maneira tanxencial ou de forma contundente unha serie de temas que nos darán pé para falar das seguintes temáticas:

  1. A forza de cambio que supoñen as novas xeracións de persoas migrantes, afeitas xa a vivir coas problemáticas asociadas a formar parte dun colectivo vulnerable, como se verá en 'Girlhood'.
  2. A perspectiva das persoas migrantes a partir dun relato en primeira persoa desde os seus propios países de orixe, poñendo sobre a mesa as razóns que os/as levan a xogarse a vida e abandonar a súa familia, o seu territorio e a súa vida por un destino incerto en Occidente, como veremos en 'Yo, un negro'.
  3. A importancia da colectividade e de buscar apoio legal, de organizacións non gobernamentais e o asociacionismo como unha resposta aos problemas das persoas migrantes en situación laboral precaria, como se verá en 'Pan y rosas'.
  4. Os problemas de convivencia que sofren as persoas migrantes por causa dos prexuízos, o medo, a xenofobia ou, simplemente, a incultura, e como poden ser combatidos a través da empatía e o amor, como mostra de forma clara a película "Todos nos llamamos Alí".
  • Luns 26 de setembro

Yo, un negro (Jean Rouch, 1958)

Coloquio: Michel Adje, Mustapha Kone e Emmanuel Mbankwop, migrantes marfileños na Coruña.

  • Martes 27 de setembro

Pan y rosas (Ken Loach, 2000)

Coloquio: Hortensia Rossi Decena, migrante e voluntaria e Saamira Ganay, actriz e presentadora.

  • Mércores 28 de setembro

Girlhood (Céline Sciamma, 2014)

Coloquio: Jeane Costa, muller afrodescendente feminista, migrante. Educadora e sexóloga.

  • Xoves 29 de setembro

Todos nos llamamos Ali (Rainer Wener Fassbinder, 1974)

Coloquio: Belén Fernández Suárez. Profesora de Socioloxía na UDC, membro do equipo de investigación de sociedades en movemento - ESOMI

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión