Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Iván Prieto. Aequilibrium

O artista presenta un proxecto que supón “un intento de hibridar e harmonizar corpo, obxecto e pensamento”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/07/2021 ata o 10/09/2021

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

Inauguración: mércores 7 de xullo, de 18.30 a 20.30 h

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

Páxina web:

www.moretart.com

Organiza:

Moret Art

Contacto:

Galería Moret Art

Rúa Uruguai, 1

15004 A Coruña

Nas súas propias palabras: "O título da exposición está tomada do termo en latín aequilibrium, pois todas as pezas comparten a idea de fraxilidade asociada ao desequilibrio. Así, tanto os corpos, personaxes e cabezas loitan por manter a posición, o equilibrio, tanto na postura que describen como na mente". Deste xeito, aparecen os seus amolachadas, equilibristas, bailarinas, orelludas... figuras ou máis ben "figuríns" -como el se refire a gran parte destas pezas ao mostrar un intenso vínculo co mundo da moda- que tratan de manterse estables tanto na súa postura corporal como a través da meditación, coas súas características pálpebras cerradas, no fráxil discorrer da vida.

O artista, asentado en Galicia tras a súa experiencia berlinesa, mostra a través destas novas figuras unha evolución, de tal forma que os corpos adquiren sorprendentes formas orgánicas, que remiten a elementos da natureza propios da contorna na que vive e a elementos inchables -o aire é fundamental na súa obra-, e así mesmo xeométricas, de modo que abarca unha visión múltiple a nivel formal nunhas pezas que se afastan dos patróns establecidos para convidarnos a internarnos no seu persoal universo artístico de acento surrealista.

A nivel técnico, nesta ocasión centrouse principalmente na cerámica para realizar as figuras -técnica que vive un auténtico boom como medio para acadar a relaxación a través da meditación táctil- e posteriormente aplícalles esmaltes, acrílicos, ceras, óxidos e outros materiais.

Iván Prieto (O Barco de Valdeorras, Ourense, 1978) é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Trasládase a Berlín atraído pola escena artística que alí se estaba desenvolvendo, e reside nesta cidade durante cinco anos, para logo regresar a España. Actualmente vive en Galicia, aínda que segue vinculado á capital alemá. Na súa traxectoria destacan o Premio Joven da Universidade Complutense de Madrid, así como o primeiro premio Concurso Galiza Crea. As súas pezas foron expostas en relevantes espazos de ámbito internacional, entre os que podemos sinalar o Colexio de España en París, a Embaixada de España en Berlín, o Sophie´s Palace de Utrecht ou o Museum Kloster Asbach de Passau en Alemaña. Tamén participou en numerosas feiras de arte contemporánea como Art Lisboa, Estampa, Artesantander e Art Madrid, entre outras.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión