Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Julián Barón. El desengaño

El desengaño é un proxecto visual baseado nunha serie de actividades expositivas e editoriais ao redor do traballo que o fotógrafo Julián Barón realizou sobre o desastre do Prestige en decembro de 2002.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/11/2022 ata o 08/01/2023

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Organiza:

Fundación Luís Seoane

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

Comisariado por X. Lois Gutiérrez Faílde, El Desengaño forma parte da programación da sexta edición de FFoco Festival de Fotografía da Coruña, que un ano máis terá lugar na Fundación Luís Seoane. Xunto á exposición da serie fotográfica "28 cruces" de Julián Barón, incluirase un documental dirixido por Manuel Vargas, así como un fondo de fotolibros, catálogos e material impreso diverso para a súa consulta.

Nos primeiros días do mes de novembro de 2002, o buque petroleiro Prestige afundíase tras sufrir unha vía de auga a uns 250 quilómetros da Costa da Morte, provocando un dos maiores desastres ambientais da historia de Europa, un acontecemento que tivo un enorme impacto político, económico, cultural e social. Os milleiros de voluntarios e a presión do movemento Nunca Máis minimizaron os danos da vertedura sobre unhas costas cuxos recursos eran e seguen sendo vitais para a poboación da zona.

En El Desengaño, Julián Barón recolle aquel episodio, un proxecto que, xunto a outros traballos como La herencia de Chernobyl (2001) ou Una nueva vida: rumanos en España (2002-2003) supuxo unha das primeiras tentativas do fotógrafo na definición do seu discurso. Estas imaxes en branco e negro, de carácter documental, formaron parte dun proceso de descubrimento do medio fotográfico.

O discurso artístico de Julián Barón experimentou desde entón diversas mutacións, servíndose en cada unha das súas diferentes etapas de novas ferramentas, métodos e estratexias. Cada nova experimentación visual provocou un "desengano" con respecto a traballos previos, unha renuncia que impulsaba a creatividade do autor a través da procura estética e do compromiso cunha idea aberta e complexa da obra artística, materializándose máis alá dos seus límites lingüísticos.

El Desengaño é un testemuño da paixón inicial pola imaxe, e ao mesmo tempo unha revisión sen xenealoxía ou nostalxia, formada por fragmentos dunha creatividade cuxa capacidade para xerar novos argumentos nace da transgresión dos elementos anteriores. Deste xeito, Barón reconstrúe e redefine a posición cara ás imaxes, que sitúan e reconfiguran a nosa memoria do acontecemento e de certo imaxinario atesourado desde entón ao redor do propio desastre do Prestige.

Toda a información sobre FFoco está aquí: ffocofestival.gal

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión