Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación da novela "Ronsel de Panthalassia"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/06/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 13 de xuño ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación da novela "Ronsel de Panthalassia" de Mateo Maximiliano publicado pola Editorial Seleer.

SINOPSE:

Panthalassia é un lugar complicado no que vivir, pequenos arquipélagos esparexidos destacan sobre a superficie dun océano que cobre a práctica totalidade do planeta e esconde tecnoloxías descoñecidas das que depende o sustento dos seus habitantes.

Emilio Montaraz é un buscavidas máis que codirige unha empresa de salvamento marítimo e transporte de mercadorías á beira do seu socio Terrag Walt, sustentados soamente pola súa aeronave.

Tras un servizo, diríxese a visitar unha tribo de nativas na inhóspita e escasamente poboada illa de Wako . A chegada do piloto ilumina a expresión de Naoma, filla da líder da tribo. Completamente alleos ás consecuencias que traerá consigo, as nativas prepáranse para o Paneloux, o ritual de paso á madurez da herdeira ao trono.

Lonxe da illa, Érica Satie aproxímase cada vez máis ao seu obxectivo, os seus plans ameazan con cambiar para sempre a forma de vida das nativas de Wako.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión