Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación da novela "Sidi, unha viaxe cara á vida"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 23 de maio, ás 19:00 h, teremos a presentación do libro póstumo de Lino Braxe, "Sidi, unha viaxe cara á vida" editada en galego e castelán por Hércules Edicións.

No acto participarán:

  • María Braxe (Irmá de Liño e autora das ilustracións)
  • Xanina Fernández (Viúva de Lino Braxe)
  • Laura Rodríguez (Directora de Hércules Edicións A Coruña)
  • Raúl Bicada (Delegado de Terra de homes en Galicia).

Ao finalizar o acto poderase adquirir a obra, cuxos dereitos da venda irán destinados á Fundación Terra de Homes.

SINOPSE:

Desde un remoto lugar situado entre dous mundos, Sidi -un mozo valente e soñador- emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor.

LINO BRAXE:

Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, do Centro Dramático Galego, Malbarate e outras. Tamén foi actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galicia. Dirixiu, ata o seu falecemento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Tamén foi locutor de RNE durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radiola obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Branco Amor.

Foi autor de varias obras de poesía, narrativa, teatro e de literatura infanto-xuvenil, ademais de participar en numerosas obras colectivas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión