#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
+ 18 anos
Personas adultas
30/03/2020
Entrada libre ata completar a capacidade
Ya ha finalizado
de 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Presentación do libro "Madrid habita en mi memoria", de Yolanda López, organizada pola AVV Oza Gaiteira Os Castros.
Acompañarán á autora, Asunción Caballero, por parte da Editorial, o escritor e xornalista Jacinto Ruíz e a escritora e abogada Diana Varela Puñal.
Ao longo destes corenta e cinco poemas, o libro conversa co lector nunha serie de lugares que, en aparencia son recordos fragmentados, pero que teñen o nexo temporal da autora, a cal nos conduce por ese percorrido aleatorio. En cada sitio, esparce os recordos dunha cidade habitada nela, dunha maneira moi propia. Coma se fose un patrimonio cultural, Yolanda constrúe a súa memoria metafórica sobre aqueles espazos comúns a todos os cidadáns: rúas, restaurantes, bibliotecas, centros culturais, hospitais mesmo, etc. nos que se detivo, mergullándonos enteira nesas paisaxes urbanas, durante os máis de catro anos que permaneceu no foro.
Yolanda López
Funcionaria de carreira na Administración de Xustiza. Licenciada en Filoloxía inglesa, técnica superior en turismo, tradutora e pintora, adicouse ao ensino medio e universitario. Realizou o DEA e a tesiña de licenciatura sobre a escritora sureña Eudora Welty. Foi investigadora nas universidadesde Santiago de Compostela, A Coruña, Castilla-La Mancha, Birmingham, Virginia e Mississippi, así coma no Centro Ramón Piñeiro, onde colaborou con diferentes ponencias e artigos de ensaio.
É autora dos poemarios "Verdugos impolutos" (2005), "Obertura sen heroe" (2006), "Grietas" (2012), "Temblor fiero" (2013), "Moralla" (2013), "Tántalo" (2014), "Paisaxes soterradas", "Con el tambor del viento" (2015) e "A secuestradora de océanos" (2019).
Galardoada con numerosos premios literarios en Galicia e no resto de España.
También te puede interesar
Los días 30/11/2023 a las 18:30 , 25/01/2024 a las 18:30 , 14/03/2024 a las 18:30 , 25/04/2024 a las 18:30
Los días 10/04/2024 a las 10:30 , 15/04/2024 a las 19:30 , 18/04/2024 a las 18:30 , 23/04/2024 a las 19:30 , 25/04/2024 a las 19:30 , 26/04/2024 a las 11:00
29/04/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
16/05/2024
30/05/2024
Desde el 23/05/2024 hasta el 30/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible