#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
10/02/2025
Xa rematou
Acceso libre ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 10 de febreiro ás 19.00 h, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, teremos a presentación do libro "Mucho que decir y poco que contar" de Javier Guillén, publicado por Altamarea. Actividade organizada pola Asociación de veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros.
Sinopse:
«Mucho que decir y poco que contar», sentenciou Arsenio Iglesias tras perder a liga 93/94 da forma máis tráxica. Djukic erraba un penalti no último minuto e o SúperDepor quedaba sen o que fora o primeiro título da súa historia despois de conquistar todo un país no que constituíu un fenómeno deportivo, social e mediático sen precedentes. Pero, como se chegou ata aí?, que sucedeu despois?, queda, trinta anos despois, algo por desvelar? Futbolistas, presidentes, adestradores, árbitros, xornalistas, afeccionados, políticos... A través de máis de douscentos testemuños, este libro reconstrúe ata o último detalle un episodio que, detrás do dramático desenlace que o converteu nun dos máis soados e insólitos do fútbol español, oculta unha infinidade de pequenas historias cruzadas, moitas delas descoñecidas. Ademais, o presente volume inclúe ligazóns a material audiovisual exclusivo e inédito onde os protagonistas toman a palabra. Unha cidade entregada en cada rúa e cada recuncho. Unha sombra e unha sospeita. Un heroe errado. Un vilán. Mil lendas. Tiña razón Arsenio. Aínda hai moito que dicir.
O autor:
Javier Guillén Rogel (A Coruña, 1987) é licenciado en Xornalismo. Comezou a forxarse na radio para continuar desenvolvendo a súa carreira como redactor en Deportes Cuatro e El Golazo de Gol, onde tamén foi presentador. É tertuliano habitual en Radio Coruña Cadena SER e Radio Marca Coruña. Mucho que decir y poco que contar é o seu primeiro libro, que nace froito dun longo e solitario confinamento, e da súa nostalxia polo fútbol dos noventa.
Entidades
Tamén che pode interesar
24/03/2025
Acceso libre até completar capacidade
25/03/2025
Acceso libre até completar a capacidade
26/03/2025
Entrada libre ata completar o aforo da sala
02/04/2025
Entrada libre ata completar o aforo da sala
07/04/2025
Acceso libre ata completar capacidade
28/04/2025
Acceso libre até completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible