Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “No me rompí del todo”, de María Timiraos

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/10/2026

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 19 de outubro ás 19.00 h temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano a presentación do libro "No me rompí del todo", de María Timiraos.

Acceso libre ata completar a capacidade.

No me rompí del todo é o primeiro libro de María Timiraos, unha autora nada en Mañón, criada nas Pontes e residente en Ortigueira. Trátase dun testemuño íntimo e non ficticio baseado na súa experiencia persoal coa depresión silenciosa, o bullying (acoso escolar) infantil, a dependencia emocional e o proceso de reconstrución persoal.

A obra aborda temas como a infancia, o acoso escolar, as relacións daniñas e a maternidade, buscando poñer palabras a vivencias silenciosas sen ofrecer fórmulas máxicas nin buscar culpables. Timiraos describe a escritura como unha terapia necesaria para ordenar os seus traumas e entender a súa dor, destacando que "non romper do todo" significa resistir mesmo nos momentos máis escuros da ansiedade e a depresión.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión